Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente LU-00647-O-2020).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador número LU-00647-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de conformidade coa la resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de apremio segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 3 de febreiro de 2021

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

LU-00647-O-2020

C4920AK

79339764E

Exceso de peso superior ao 5 %.

19.2.2020; 14.37; CG-2.1; 8,2

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros