Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11415

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

A Orde do 10 de febreiro de 2012, modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016, pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia, fixa as disposicións de carácter xeral que regulan esa proba e establece que será convocada anualmente pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional mediante resolución.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da mencionada orde,

RESOLVO:

Primeira. Obxecto e ámbito de aplicación

A presente resolución ten por obxecto convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e determinar as condicións en que se realizará.

Segunda. Finalidade da proba

A proba ten por finalidade verificar se se alcanzaron os obxectivos do bacharelato establecidos no artigo 33 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, así como os fixados nos aspectos básicos do currículo recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira. Modalidades

1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Cuarta. Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.

Quinta. Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición

1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.

2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

3. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, conforme o modelo que figura no anexo I da presente resolución, nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

4. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.

b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

5. Cando proceda, xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

b) Certificado de residencia no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II por cumprir as condicións previstas na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

c) Certificacións académicas ou copia simple do libro de escolaridade e/ou historial académico que acrediten estar en condicións de validar algún exercicio da proba. No momento da presentación, e para os efectos de cotexo das ditas copias cos documentos orixinais, estes últimos deberán ser mostrados polas persoas interesadas.

Sexta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa aspirante.

b) Certificación do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de que a persoa aspirante solicite a adaptación da proba.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Sétima. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Oitava. Listaxes de persoas admitidas e prazos de reclamacións

1. O día 12 de marzo de 2021 publicaranse, nos lugares relacionados no número 4 da epígrafe quinta desta resolución, as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión.

2. Xunto coa listaxe de persoas admitidas e excluídas indicaranse para cada persoa aspirante os exercicios en que figura inscrita, con indicación, se for o caso, da nota correspondente aos exercicios validados e a concesión ou denegación da exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

3. Unha vez publicadas as listaxes, as persoas interesadas disporán de dez días para presentaren, mediante escrito motivado e dirixido á dirección do centro en que se presentase a solicitude de inscrición na proba, as alegacións que coiden convenientes ou emendar as deficiencias detectadas na documentación achegada, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. O día 7 de abril de 2021 publicarase a listaxe definitiva do alumnado admitido e excluído nos lugares relacionados no número 4 da epígrafe quinta desta resolución.

Novena. Realización da proba

1. A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 23 de abril de 2021 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

2. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Décima. Estrutura da proba

1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. Estruturarase en catro partes:

a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II.

b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II.

c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).

d) Cuarta parte: Filosofía e Historia de España.

2. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. Estruturarase en tres partes:

a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias de cada modalidade e itinerario elixidos. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas das materias Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas das materias Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións:

1. Física e Química e Física.

2. Física e Química e Química.

3. Debuxo Técnico I e II.

Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha entre as seguintes opcións:

1. Economía e Economía da Empresa.

2. Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

3. Grego I e II.

c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción de modalidade elixida.

Para modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha entre as seguintes opcións:

1. Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.

2. Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.

Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante deberá realizar a proba correspondente ás materias de Literatura Universal e Historia da Filosofía.

Décimo primeira. Organización da proba

1. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.

2. A sesión de mañá desenvolverase entre as 8.30 e as 14.30 horas e dedicarase á realización do primeiro exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse as probas correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II.

Parte 2, das 12.00 ás 13.30 horas: realizarase a proba correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).

Parte 3, das 13.30 ás 14.30 horas: realizaranse as probas de Filosofía e Historia de España.

3. A sesión de tarde desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e dedicarase á realización do segundo exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 16.30 ás 18.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades, realizaranse as probas de Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

Parte 2, das 18.00 ás 19.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Física e Química e Física, as de Física e Química e Química e as de Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Economía e Economía da Empresa, as de Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía e as de Grego I e II.

Parte 3, das 19.30 ás 20.30 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía e as de Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Literatura Universal e Historia de Filosofía.

4. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:

a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.

c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.

d) Na materia de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, regra, escuadro ou cartabón.

5. As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfonos móbiles, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou de transmisión de datos.

Décimo segunda. Tribunais

1. Para avaliar e supervisar a proba, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta e catro vogais.

2. Poderanse constituír comisións técnicas integradas por funcionarios e funcionarias dos corpos de catedráticos/as de ensino secundario e/ou de profesores/as de ensino secundario especialistas nas distintas materias que compoñen a proba, para os efectos de colaboración co tribunal na aplicación e na corrección dos exercicios da proba.

3. Á vista das persoas aspirantes inscritas, a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional poderá establecer outros tribunais, de seren necesarios para a celebración da proba.

Décimo terceira. Validacións

As persoas aspirantes poderán solicitar a validación dos exercicios da proba de acordo co establecido no artigo 13 da Orde do 22 de decembro de 2016, que modifica a Orde do 10 de febreiro de 2012, pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia e no anexo III desta resolución.

Décimo cuarta. Cualificacións provisionais e reclamacións

1. O día 7 de maio de 2021 farase pública a listaxe provisional das persoas avaliadas coas cualificacións positivas, por exercicios, no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela.

2. Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación por escrito dirixida á presidencia do tribunal nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións.

3. A reclamación presentarase na secretaría do centro onde se celebrou a proba ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Ademais, poderase adiantar o envío por correo electrónico ao enderezo educadultos@edu.xunta.gal.

Décimo quinta. Resolución

1. Resoltas as reclamacións, o día 14 de maio de 2021 publicarase a listaxe coas cualificacións definitivas no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela.

2. Contra estas cualificacións poderase interpoñer no prazo dun mes recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, que esgotará a vía administrativa.

Décimo sexta. Superación da proba

A proba considerase superada cando se obteña unha cualificación global igual ou superior a cinco puntos nos dous exercicios que a compoñen.

Décimo sétima. Conservación da cualificación dun exercicio superado

As persoas que non superen a proba na súa totalidade poderán manter a cualificación obtida no exercicio superado para sucesivas convocatorias.

Décimo oitava. Propostas para a obtención do título de bacharel

As persoas aspirantes que superen a proba recibirán, logo de solicitude, o título de bacharel na modalidade correspondente.

Décimo novena. Certificación

1. A acta de avaliación (anexo VI) recollerá os resultados de cada un dos exercicios e, se é o caso, a validación destes.

2. O tribunal deixará tamén constancia das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nas diferentes partes do exercicio segundo, correspondente ás materias propias de cada modalidade (anexo VII), para os efectos da certificación mencionada no número 4 deste punto.

3. As persoas que superen a proba poderán solicitar unha certificación das cualificacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio, para xuntala á documentación de solicitude de prazas en ensinanzas de ciclos de formación profesional de grao superior. O tribunal emitirá esa certificación segundo o modelo do anexo X.

4. As certificacións que se soliciten con posterioridade ao proceso de avaliación da proba serán asinadas polo director ou directora e polo secretario ou secretaria do centro onde se celebrou a proba.

Vixésima. Publicación e información

1. A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e no taboleiro de anuncios dos centros educativos sinalado no número 4 da epígrafe quinta desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. A listaxe coas cualificacións provisionais e definitivas publicarase no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional única. Efectos económicos do tribunal e das persoas asesoras especialistas

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, o tribunal e as comisións técnicas ateranse á categoría correspondente que determine a Dirección Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2021

Lista de persoas aspirantes admitidas

Apelidos e nome

Inscrito/a para realizar

o exercicio

Validación do exercicio I coa cualificación seguinte

(2)

Validación do exercicio II coa cualificación seguinte na modalidade de

Exención de Lingua galega

(3)

I

(1)

II

(1)

Humanidades e Ciencias Sociais (2)

Ciencias

(2)

Artes

(2)

(1) Indíquese cunha cruz [X] a proba ou probas en que a persoa aspirante está inscrita.

(2) Cualificacións: nota numérica entre 5 e 10.

(3) Indíquese SI no caso de que se concedese unha exención solicitada e NON, no caso contrario.

ANEXO II

(segunda parte)

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2021

Lista de persoas aspirantes excluídas

Apelidos e nome

Razón da exclusión

ANEXO III

Validación de exercicios da proba por grupos de materias superadas no bacharelato

Primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais

Materias xerais superadas no bacharelato

Validación na proba

Lingua Galega e Literatura I e II

Lingua Castelá e Literatura I e II

Primeira Lingua Estranxeira I e II

Filosofía

Historia de España

Primeiro exercicio

Segundo exercicio: materias xerais propias e materias troncais de opción de cada modalidade.

(As persoas aspirantes que teñan superada unha materia doutra modalidade diferente á elixida deberán ter superadas dúas materias de 2º curso da modalidade elixida)

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CIENCIAS

Materias superadas

Validación
na proba

Materias superadas

Validación
na proba

As materias xerais propias da modalidade e itinerario elixidos:

Segundo exercicio

As materias xerais propias da modalidade:

Segundo

exercicio

HUMANIDADES

CIENCIAS SOCIAIS

– Matemáticas I

– Matemáticas II

– Latín I e II

– Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso.

*De segundo curso, obrigatoriamente, deberase ter superada a materia de Historia da Filosofía):

– Economía

– Grego I

– Historia do Mundo Contemporáneo

– Literatura Universal

– Economía da Empresa

– Grego II

– Xeografía

– Historia da Arte

– Historia da Filosofía

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso):

– Bioloxía e Xeoloxía

– Debuxo Técnico I

– Física e Química

– Bioloxía

– Debuxo Técnico II

– Química

– Física

– Xeoloxía

*Agás aquel alumnado que nos cursos académicos 2016/17 e 2017/18, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, superou dúas materias de opción do bloque de materias troncais.

ANEXO III

(segunda parte)

ARTES

Materias superadas

Validación na proba

As materias troncais xerais propias da modalidade:

– Fundamentos da Arte I

– Fundamentos da Arte II

Segundo exercicio

E catro destas materias (dúas do primeiro curso e dúas do segundo curso):

– Cultura Audiovisual I

– Historia do Mundo Contemporáneo

– Literatura Universal

– Artes Escénicas

– Cultura Audiovisual II

– Deseño

ANEXO III

(terceira parte)

Validación do bloque de materias comúns e de modalidade da proba libre de bacharelato para persoas maiores de 20 anos ata o ano 2016 por bloques de materias xerais e de modalidade superadas a partir do ano 2017

Materias superadas

Validación na proba

Bloque de materias comúns superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Primeiro exercicio

Bloque de materias de modalidade superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Segundo exercicio

ANEXO IV

Número de persoas aspirantes inscritas para realizaren a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (convocatoria de abril de 2021)

Centro.................................................................................................. Provincia...................................................

1º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

1º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

Inglés

Francés

2º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

2º EXERCICIO

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Nº de persoas aspirantes

CIENCIAS

Nº de persoas aspirantes

Parte 1

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Parte 1

Matemáticas (I e II)

Parte 2

Física e Química e Física

Latín (I e II)

Física e Química e Química

Parte 2

Economía e Economía da Empresa

Debuxo Técnico (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Grego (I e II)

Parte 3

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Parte 3

Bioloxía e Xeoloxía

e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

ANEXO V

Materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

CIENCIAS

Parte 1:

Matemáticas (I e II)

Parte 2: escóllase unha destas tres opcións

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico (I e II)

Parte 3: escóllase unha destas dúas opcións

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Parte 1: escóllase unha destas opcións

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Parte 2: escóllase unha destas tres opcións

Economía e Economía da Empresa

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Grego (I e II)

Parte 3: escóllase esta única opción

Literatura Universal e Historia da Filosofía

ANEXO VI

Modelo de acta de avaliación

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2021 Folla número...................

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Datos estatísticos

1. Número de persoas aspirantes

2. Número de persoas aspirantes propostas para título

Número de orde

Apelidos e nome

Modalidade

[1]

Idioma

[2]

Cualificación

1º exercicio (Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais)
[3]

Validación 1º exercicio (materias comúns)
[3]

Cualificación 2º exercicio (materias xerais propias de cada modalidade e materias troncais de opción)

[3]

Validación 2º exercicio (materias de modalidade)

[3]

Nota final [4]

Titula
[5]

1) Escríbase: HCSH (Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades); HCSCS (Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais); CC (Ciencias); ART (Artes).

2) Escríbase: I (Inglés); F (Francés).

3) Cualificacións: nota numérica entre 5 e 10, non superado (NS), non presentado (NP).

4) Nota final: media aritmética dos exercicios, expresada con dous decimais.

5) Titula: escribir SI ou NON.

A presente acta comprende.......................................... persoas aspirantes e acaba con..........................................................................................................................................

............................................................, .......... de ............................................................... de 2021

Visto e prace O/A presidente/a Vogais O/A secretario/a do tribunal

ANEXO VII

Modelo de lista de cualificacións de materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2021 Folla.................. Número..................

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Modalidade de Ciencias

Número de

orde

Apelidos e nome

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Economía e Economía da Empresa

Grego I e II

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Matemáticas I e II

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico I e II

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) Cualificacións: nota numérica entre 0 e 10, sen decimais; non presentado (NP).

............................................................, .......... de ............................................................... de 2021

Visto e prace O/A presidente/a Vogais O/A secretario/a do tribunal

ANEXO VIII

Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012, modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016

– Resolución do ...... de ............... de 2021

CERTIFICADO

Don/Dona..............................................................................................................................................................,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2021, celebrada no centro

.......................................................................................................................... (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que don/dona

..............................................................................................................................................................................,

Con DNI ........................................., ten superado (1)...........................................................................................

da proba coa cualificación que se expresa (2).......................................................................................................

(1) Indíquese «o primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais» ou «o segundo exercicio: materias xerais propias de cada modalidade e itinerario e materias troncais de opción».

(2) Indíquese a cualificación correspondente.

.................................................................., ......... de ...................................... de 2021

Visto e prace O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria do tribunal

ANEXO IX

Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012, modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016

– Resolución do ...... de ............... de 2021

CERTIFICADO

Don/Dona..............................................................................................................................................................,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2021, celebrada no centro

.......................................................................................................................... (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que don/dona

..................................................................................................................., con DNI......................................, ten superados os dous exercicios que integran a proba na modalidade de (1) ............................................... coa cualificación que se expresa................................... e que, unha vez aboadas as taxas correspondentes, será proposto/a para a expedición do título de bacharel.

(1) Indíquese a modalidade e itinerario. Escríbase: Ciencias; Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades; Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais; Artes.

.................................................................., ......... de ...................................... de 2021

Visto e prace O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria do tribunal

ANEXO X

Don/Dona..............................................................................................................................................................,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos

na convocatoria de abril de 2021, celebrada no centro..........................................................................................

(consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que don/dona ........................................................................, con DNI..........................................., obtivo as seguintes cualificacións no segundo exercicio, das materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario e materias troncais de opción:

MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CUALIFICACIÓN *

MODALIDADE DE CIENCIAS

CUALIFICACIÓN *

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Matemáticas (I e II)

Latín (I e II)

Economía e Economía da Empresa

Física e Química e Física

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Física e Química e Química

Grego (I e II)

Debuxo Técnico (I e II)

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) Cualificacións: nota numérica entre 4 e 10, sen decimais.

.................................................................., ......... de ...................................... de 2021

Visto e prace O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria do tribunal

ANEXO XI

Estatística xeral

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Centro: Localidade: Provincia:

Data de realización da proba: 23 de abril de 2021

Número total de persoas aspirantes inscritas.......................

Número total de persoas aspirantes presentadas................

Número total de persoas aspirantes cun exercicio superado...................

Número total de persoas aspirantes propostas para título.......................

1. Número total de persoas aspirantes presentadas, segundo idade e sexo.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

2. Persoas con necesidades educativas especiais, segundo idade e sexo.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

3. Número total de persoas aspirantes presentadas que se propoñen para a obtención do título de bacharel, segundo idade e sexo.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

(Selo do centro)