Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11815

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 9 de novembro de 2020 de concesión de subvencións convocadas pola Orde do 4 de maio de 2020, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

Ao abeiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de abril de 2020, sobre iniciación, continuación e aprobación de expedientes de contratación e de subvencións, a persoa titular da Consellería de Política Social ditou con data do 30 de abril de 2020 a resolución pola que se determina a continuidade da tramitación do Proxecto da orde pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2020, 2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020), logo de acordo favorable do devandito órgano de goberno adoptado na súa reunión do 24 de abril de 2020.

Tras a súa aprobación, no Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio de 2020, publícase a Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

Con data do 29 de setembro de 2020 o director xeral de Inclusión Social resolveu a concesión e denegación das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A), no que se refire ás axudas ás actuacións establecidas no artigo 4.b) e c) da orde. A dita resolución foi notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia o día 4 de novembro de 2020.

Con data do 9 de novembro de 2020 publicouse no DOG a Orde do 3 de novembro de 2020 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 4 de maio de 2020, por importe de 77.572,00 €, ao abeiro do artigo 2.2 desta última.

Este crédito destínase a aquelas actuacións singularizadas da tipoloxía do artigo 4.1.b)1º que quedaron sen financiamento por esgotamento do crédito.

O procedemento para a concesión de subvencións para realizar actuacións singularizadas, previstas no artigo 4.1.b)1º está sometido ao réxime de concorrencia competitiva, de conformidade co disposto no artigo 10.4 ao abeiro do artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia. Estas publicacións producirán os efectos de notificación. Así mesmo, de xeito complementario, efectuarase a notificación das resolucións da concesión mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

No artigo 14 desta orde establécese que a resolución dos expedientes de axudas corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social. O prazo máximo para resolver e notificar será de cinco meses, que empezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación da orde. Se vencer o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración.

Polo exposto, emitida a resolución para a concesión de subvencións para realizar actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos –artigo 4.1.b)1º– e en virtude do incremento de crédito,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido da Resolución do 9 de novembro de 2020, ditada no procedemento BS631A de concesión de axudas entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social que se xunta no anexo, no que se refire ás tipoloxías de axudas previstas no artigo 4.1.b)1º.

Segundo. Esta resolución pon fin a vía á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á publicación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2021

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Resolución do 9 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Inclusión Social,
pola que se resolve o procedemento de concesión de subvencións de subvencións ás actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto
de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos –artigo 4.1.b)1º– para a anualidade 2020

Antecedentes.

1. Con data do 29 de setembro de 2020 o director xeral de Inclusión Social resolveu a concesión e denegación das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

2. No punto 5 da resolución relaciónanse as actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.b)1º que quedaron sen financiamento por esgotamento de crédito.

3. Con data do 9 de novembro de 2020 publicouse no DOG a Orde do 3 de novembro de 2020 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 4 de maio de 2020, por importe de 77.572,00 €.

4. A Comisión de Valoración de Subvencións, reunida no 9 de novembro de 2020, emite informe en que propón a concesión para a anualidade 2020 de subvencións das actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos (artigo 4.1.b)1º), empezando a asignar o novo crédito na primeira actuación que quedou sen financiamento completo e segue a distribuirse o crédito ata o esgotamento total deste, o que permite atender a todas as solicitudes para esta tipoloxía de actuación na anualidade 2020.

5. Unha vez fiscalizado o gasto en conformidade pola Intervención Delegada, o director xeral de Inclusión Social, en virtude do artigo 14 e disposición derradeira primeira, resolveu a concesión e denegación das subvencións.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder para a anualidade 2020 de subvencións as actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos (artigo 4.1.b)1º), coa seguinte desagregación (relación no anexo I).

Segundo. Dispón de 10 días para comunicar a súa aceptación. No caso de non comunicación entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

Terceiro. O pagamento das axudas farase de acordo co establecido no artigo 21 e unha vez xustificada cada anualidade nos prazos e forma previstos no artigo 18 da orde de convocatoria.

As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente. A primeira comprende as actuacións realizadas entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de novembro de 2020, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite 7 de decembro de 2020; a segunda comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2020 e o 30 de novembro de 2021, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2021; a terceira comprende as actuacións desde o 1 de decembro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 15 de xullo de 2022. No caso de subvencións para a construción, ampliación e mellora de centro en que, de conformidade co artigo 5.3, se adquiran compromisos alén do 30 de xuño de 2022 e antes do 30 de novembro do mesmo ano, a data límite para presentar a xustificación desta anualidade será o 7 de decembro de 2022.

Cuarto. En xeral, as axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento das obrigas establecidas na orde polo que deberá:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. A aceptación da axuda supón a declaración de que o beneficiario ten capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións dela (RD art. 125.3.d).

b) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada para a actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

c) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e outros órganos de control no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

e) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

f) Todas aquelas obrigas e requisitos que se deduzan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

Quinto. As resolucións que se diten ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución expresa, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020. A conselleira de Política Social; P.D. (Artigo 14.1 da Orde do 4.5.2020), Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión Social.

ANEXO I

Expte.

NIF

Entidade

Cod_tipo_actuación

Subtipo_actuación

Nome da actuación

Prioridade

Baremo

Importe

BS631A 2020/9

G36884708

Asociación Vida digna

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Atención ás necesidades básicas, hixiene e farmacia

Prioritaria

64

10.152,00

BS631A 2020/23

G94069416

Asociación Vida digna Morrazo

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Roupeiro social

Prioritaria

64

2.000,00

BS631A 2020/23

G94069416

Asociación Vida digna Morrazo

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Reparto de alimentos

Prioritaria

64

2.000,00

BS631A 2020/77

G32394082

Asociación RedMadre Ourense

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Ánxela-Alimentación

Prioritaria

64

750,00

BS631A 2020/77

G32394082

Asociación RedMadre Ourense

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Ánxela-Recursos básicos

Prioritaria

64

750,00

BS631A 2020/98

G70180229

Asociación RedMadre Coruña

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Reparto de produtos de hixiene infantil

Prioritaria

64

1.350,00

BS631A 2020/98

G70180229

Asociación RedMadre Coruña

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Repartición de alimentos infantís

Prioritaria

64

1.350,00

BS631A 2020/98

G70180229

Asociación RedMadre Coruña

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Repartición de roupa e aveños infantís

Prioritaria

64

1.350,00

BS631A 2020/101

G27707686

Asociación RedMadre Pontevedra

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Ánxela-Alimentación

Prioritaria

64

1.660,00

BS631A 2020/101

G27707686

Asociación RedMadre Pontevedra

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Ánxela-Hixiene

Prioritaria

64

1.660,00

BS631A 2020/38

G15121254

Asociación Renacer

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Proxecto de solidariedade

Prioritaria

63

15.000,00

BS631A 2020/80

G36660348

Asociación de Freijeiro de Ayuda al Necesitado

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Achegas económicas para gastos de vivenda, subministracións básicas e outros

Prioritaria

63

3.750,00

BS631A 2020/101

G27707686

Asociación RedMadre Pontevedra

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Ánxela-Roupeiro

Prioritaria

62

750,00

BS631A 2020/101

G27707686

Asociación RedMadre Pontevedra

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Ánxela-Enseres infantís

Prioritaria

62

380,00

BS631A 2020/43

G36802536

Asociación de Ayuda a la Vida

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Outros recursos básicos (kits postparto)

Prioritaria

61

300,00

BS631A 2020/98

G70180229

Asociación RedMadre Coruña

4.1.b)1º

Atención ás necesidades básicas

Axudas de emerxencia social para familias con menores de 3 anos a cargo

Prioritaria

60

20,00

BS631A 2020/54

R1500294B

Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Tecendo redes: Valoración, orientación e información

Prioritaria

84

3.335,00

BS631A 2020/108

R2701016D

Cáritas Diocesana de Lugo

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Servizos de prevención e primeira atención, que comprenderá os programas de valoración, orientación e información

Prioritaria

81

5.000,00

BS631A 2020/141

G15354483

Asociación Ecos do Sur

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Ti solicitas

Prioritaria

79

2.250,00

BS631A 2020/93

G15940414

Asociación Mestura

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Servizo de prevención e primeira atención

Prioritaria

71

250,00

BS631A 2020/83

R3600368I

Cáritas Diocesana de Tui Vigo

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Servizo de información, orientación, asesoramento e seguimento «medrando»

Prioritaria

68

500,00

BS631A 2020/127

G94056215

Asociación Filantrópica «Boa Vida»

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Proxecto IN-FORMATE

Prioritaria

68

450,00

BS631A 2020/137

G15414667

Asociación de Ayuda y Atención al Preso

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Activa Social (valoración, información e orientación)

Prioritaria

68

1.250,00

BS631A 2020/11

G28197564

Asociación Española contra el Cáncer (AECC)

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Intervención sociofamiliar

Prioritaria

66

1.755,00

BS631A 2020/126

G15041593

Centro Cultural-social Juan XXIII

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Servizo de prevención e primeira atención: informativas e de asesoramento

Prioritaria

63

1.875,00

BS631A 2020/99

R3600104H

Asociación Casa Santísimo Cristo de la Victoria

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Servizo de prevención, valoración e información

Prioritaria

62

1.050,00

BS631A 2020/139

G70610282

ONGD SenValos

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Proxecto Informizada

Prioritaria

62

375,00

BS631A 2020/9

G36884708

Asociación Vida Digna

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Atención, orientación e derivación

Prioritaria

59

8.250,00

BS631A 2020/58

G27017987

Asociación Promoción e Integración Gitana

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Valoración, orientación e información

Prioritaria

58

500,00

BS631A 2020/80

G36660348

Asociación de Freijeiro de Ayuda al Necesitado

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Programa de información xurídica

Prioritaria

56

1.625,00

BS631A 2020/24

G15340474

Asociación Fenilcetonúrica y OTM de Galicia

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Orientación, asesoramento, apoio psicosocial, distribución de alimentos dietéticos a familias

Prioritaria

51

1.095,00

BS631A 2020/24

G15340474

Asociación Fenilcetonúrica y OTM de Galicia

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Xornadas informativas sobre a elaboración de dietas metabólicas

Prioritaria

51

1.480,00

BS631A 2020/115

G15675960

Asociación de Celíacos de Galicia-Acega

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Cursos de formación sobre a enfermidade celíaca e a dieta sen glute

Prioritaria

51

1.150,00

BS631A 2020/24

G15340474

Asociación Fenilcetonúrica y OTM de Galicia

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Redacción, maquetación e difusión do boletín anual de Asfega

Prioritaria

46

1.975,00

BS631A 2020/118

G32416547

Fundación Gavela

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Acollida e orientación

Prioritaria

37

40,00

BS631A 2020/88

G36164887

Asociación Down Pontevedra «Xuntos»

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Programa de valoración, orientación e información a familias

Non prioritaria

63

105,00

BS631A 2020/79

G27320225

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer

4.1.b)1º

Prevención e primeira atención

Prevención exclusión social en familiares de enfermos Alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas

Non prioritaria

62

40,00