Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11813

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2021

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

II Prórroga ao convenio específico de colaboración entre a Asociación Centro de Excelencia Internacional en Investigación sobre Cronicidad-Kronikgune, Consellería de Sanidade de Galicia-Sergas, Servizo Aragonés de Salud e Badalona Serveis Assintencials SA-BSA para o desenvolvemento do proxecto de investigación Mastermind

Sen achega económica

21.2.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Abracadabra de Magos Solidarios

Sen achega económica

28.2.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis) e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para a xestión do proxecto de investigación diagnosis and management of febrile illness using rna personalised molecular signature diagnosis (Diamonds)

Sen achega económica

28.5.2020

Convenio para o ano 2020 entre a Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogas e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de drogodependencias e con cargo ao fondo de bens comisados

Sen achega económica

16.10.2020

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Consellería do Mar, Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, para análise de biotóxinas dentro do control oficial de moluscos bivalvos

150.000,00 €

30.10.2020

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Celta Ingenieros, S.L. para a organización da actividade formativa: formación en ecografía

Sen achega económica

30.10.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Consello Consultivo de Galicia para a organización da actividade formativa: a instrución dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial sanitaria

Sen achega económica

9.11.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Anxiños para o desenvolvemento de programas psicoeducativos e de apoio, e actividades de divulgación e desestigmatización social dos trastornos mentais en nenos, nenas e adolescentes

Sen achega económica

10.11.2020

Acordo de prórroga para o ano 2021 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Servizo Galego de Saúde para a implementación do programa de acompañamento nos hospitais e centros de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

25.11.2020

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Otsuka Pharmaceutical, S.A. para a elaboración da webinar: experiencias estratéxicas de atención farmacéutica arredor do paciente

Sen achega económica

11.12.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer) para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo

644.314,45 €

15.12.2020

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención e protección da saúde

3.979.799,52 €

18.12.2020

Modificación do acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxía renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Sen achega económica

18.12.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ingada para o desenvolvemento de procesos asistenciais que melloren a asistencia sanitaria a persoas con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (tdah) e para a realización de actividades de formación dos/das profesionais do Servizo Galego de Saúde no ámbito deste trastorno

Sen achega económica

18.12.2020

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Consellería de Sanidade para o intercambio de datos de accidentes de traballo para desenvolver o programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no Servizo Público de Saúde

Sen achega económica

30.12.2020