Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Santa Mariña (código PO-00021538X) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, no concello de Guitiriz.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal PO-00021538X, así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común de Santa Mariña, na parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, no concello de Guitiriz.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º) e na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, as suxestións ou as observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 10 de febreiro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo