Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan uns propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha proposta de modificación do acordo de concentración da dita zona que os afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, mediante cita previa no teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de febreiro de 2021

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de concentración

32292096G

Trámite de audiencia

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

32387658R

Trámite de audiencia

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

Gómez Combo, Gonzalo

Trámite de audiencia

Grixalba (Sobrado-A Coruña