Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución nun procedemento de autorización de reparación de cuberta en vivenda (expediente 2730/2020).

O servizo de Coordinación Cultural de Pontevedra ditou o 11.12.2020 resolución no procedemento de autorización de reparación de cuberta dunha vivenda, expediente  730/2020. Tentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase á persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, 6º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación TEU devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O que se notifica á persoa titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que coide pertinentes, para o cal poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra.

Comunicáselle que contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2021

A directora xeral de Patrimonio Cultural
P.D. (Resolución do 2.12.2020)
María José Echevarría Moreno
Xefa do Servizo de Coordinación Cultural

ANEXO

Procedemento: autorización patrimonio.

DNI: 35975555J.

Acto notificado: resolución do expediente 2730/2020.