Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Consuelo Rodríguez López.

Antecedentes.

Por Resolución do 12 de marzo de 2020, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Consuelo Rodríguez López (ABI/2014/0018).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. núm. 129, do 9.5.2020), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 79, do 24.4.2020), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Lugo e O Irixo (Ourense) por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 8 de febreiro de 2014 no municipio do Irixo, e que ben que tiña outorgado testamento rexistrado este deveu ineficaz por premoriencia dos instituídos. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento sucesivamente nos concellos de Lugo, Taboada (Lugo) e O Irixo, quedando xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que ao menos forman parte do capital hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Consuelo Rodríguez López, con DNI 33583382R, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Rústica, predio número 1-104 da zona de concentración parcelaria de Adai (Lugo), a secaño, de once áreas e trinta e sete centiáreas. Estrema: norte, predio número 1-103; sur, predio número 1-105; leste, camiño; e oeste, predio 1-97-1. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 27900B501001040000LO.

Valor catastral: 3,62 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Lugo nº 1, predio 25631, do tomo 1865, libro 1426, folio 216.

– Rústica, predio número 2-84 da zona de concentración parcelaria de San Miguel de Orbazai (Lugo), Agro de Pereiro, a secaño, de sesenta e catro áreas e cincuenta e seis centiáreas. Estrema: norte, camiño e predios número 2-70, 2-71 e 2-72; sur, predio segregado co número rexistral 45799; leste, predio número 2-70; e oeste, predio número 2-85. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 27900C502000840000DK.

Valor catastral: 17,75 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Lugo nº 1, predio 33810, do tomo 1866, libro 1427, folio 148.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Conta de aforro, Abanca: 2080 0101 5930 0046 9103.

– Conta a prazo, Abanca: 2080 0101 5838 1012 9624.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios.

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Lugo e O Irixo.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112 .1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública