Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11786

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 16 de febreiro de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, determina no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.

Os documentos de titularidade pública son patrimonio documental de Galicia desde a súa creación ou a súa acumulación, tal como establece a citada Lei de arquivos e documentos de Galicia e a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A xestión, custodia e acceso aos documentos de titularidade pública réxense polos principios desta normativa e son responsabilidade directa dos seus titulares.

A Lei de arquivos e documentos establece que non poderá eliminarse ningún documento público se antes non foi avaliado e seleccionado de acordo co procedemento que se estableza para tal fin. Con este obxectivo, o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, que regula a composición do Consello de Avaliación Documental de Galicia, establece o procedemento que hai que seguir na avaliación para a selección de documentos.

No procedemento de avaliación, regulado no título II do Decreto 15/2016, establécese que as propostas de avaliación serán sometidas a ditame do Consello de Avaliación Documental de Galicia, que elaborará as táboas de avaliación documental. Aprobadas, de ser o caso, as táboas de avaliación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental, disporá a súa publicación no Diario Oficial de Galicia mediante un extracto, sen prexuízo de facelas públicas na páxina web da consellería.

Así mesmo, mediante Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproban e se fan públicos os criterios de avaliación para a selección, transferencia de custodia e acceso aos documentos, así como o formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais propostos polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017 (DOG núm. 90, do 11 de maio), con carácter xeral, no ámbito da Administración autonómica, os documentos anteriores ao ano 1990 considéranse de conservación permanente e, por tanto, non serán eliminados.

De acordo con esta normativa e procedemento, as series documentais que se mencionan nesta orde foron presentadas ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que, na súa sesión do 4 de decembro de 2020, emitiu o seu ditame a través das táboas de avaliación documental elevadas para a súa aprobación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Para estes efectos, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como as normas de desenvolvemento,

RESOLVO:

Primeiro

Aprobar as táboas de avaliación documental cuxos extractos se recollen no anexo a esta resolución e que corresponden ás seguintes series documentais, procedentes da Administración autonómica, ditaminadas polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na súa sesión do 4 de decembro de 2020:

– Administración autonómica:

AA856: Expedientes de catalogación dun vehículo como histórico.

AA3143: Expedientes de inscrición no procedemento de recoñecemento de competencia profesional.

AA5110: Expedientes sancionadores en materia de transporte por estrada.

AA5063: Expedientes de asistencia xurídica gratuíta (serie xenérica).

AA655: Expedientes de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

AA652: Expedientes de impugnacións das resolucións das comisións de asistencia xurídica gratuíta.

AA3193: Expedientes de insostibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.

AA4481: Queixas e reclamacións por actuacións dos profesionais nos casos de asistencia xurídica gratuíta.

AA3971: Expedientes de concesión da renda de integración social.

AA391: Expedientes de autorización de actividades arqueolóxicas.

AA712: Expedientes de xestión de prestacións da Lei de integración social de minusválidos (Lismi).

Segundo

Ordenar a publicación das táboas de avaliación documental das mencionadas series, mediante un extracto, no Diario Oficial de Galicia.

Esta orde terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnalo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Extractos das táboas de avaliación de series documentais

Táboa: 044.

Código de serie: AA856.

Denominación: Expedientes de catalogación dun vehículo como histórico.

Procedencia: Industria.

Datas extremas da serie: 1998-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1998-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central aos 2 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 10 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 20 anos da finalización do procedemento.

Selección: Conservación permanente.

Táboa: 045.

Código de serie: AA3143.

Denominación: Expedientes de avaliación e recoñecemento de competencias profesionais.

Procedencia: Industria.

Datas extremas da serie: 2011-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2011-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: 30 anos.

Transferencias:

Arquivo central: transcorrido 1 ano desde a finalización do procedemento e 2 anos os expedientes que acaden unha avaliación negativa.

Ao arquivo intermedio/histórico a partir dos 6 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial: poderanse eliminar os expedientes individuais aos 6 anos da finalización do procedemento.

Mostra: conservación de 5 expedientes por convocatoria.

Táboa: 046.

Código de serie: AA5110.

Denominación: Expedientes sancionadores en materia de transportes por estrada.

Procedencia: Transportes.

Datas extremas da serie: 1982-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1992-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 5 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación total aos 5 anos do remate do procedemento.

Mostra: conservación de 5 expedientes completos por ano de tramitación de cada un dos centros xestores.

Táboa: 047.

Código de serie: AA5063.

Denominación: Expedientes de asistencia xurídica gratuíta (serie xenérica).

Procedencia: Xustiza.

Datas extremas da serie: 1996-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1996-2017.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: transcorridos 25 anos desde a morte ou, se non se coñece a data do falecemento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central aos 3 anos desde a notificación ao interesado.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial. Poderanse eliminar todos os documentos aos 10 anos da finalización do procedemento agás as actas das reunións das comisións da Asistencia Xurídica Gratuíta.

Como testemuño conservarase ademais unha mostra de 10 exemplares por comisión e ano.

Táboa: 048.

Código de serie: AA655.

Denominación: Expedientes de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Procedencia: Xustiza.

Datas extremas da serie: 1996-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1996-2017.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: transcorridos 25 anos desde a morte ou, se non se coñece a data do falecemento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central aos 3 anos desde a notificación ao interesado.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial. Poderanse eliminar todos os documentos aos 10 anos da finalización do procedemento agás as actas das reunións das comisións da Asistencia Xurídica Gratuíta.

Como testemuño conservarase ademais unha mostra de 10 exemplares por comisión e ano.

Táboa: 049.

Código de serie: AA652.

Denominación: Expedientes de impugnacións das resolucións das comisións de asistencia xurídica gratuíta.

Procedencia: Xustiza.

Datas extremas da serie: 1996-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1996-2017.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: transcorridos 25 anos desde a morte ou, se non se coñece a data do falecemento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central aos 3 anos desde a notificación ao interesado.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial. Poderanse eliminar todos os documentos aos 10 anos da finalización do procedemento agás as actas das reunións das comisións da Asistencia Xurídica Gratuíta.

Como testemuño conservarase ademais unha mostra de 10 exemplares por comisión e ano.

Táboa: 050.

Código de serie: AA3193.

Denominación: Expedientes de insostibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.

Procedencia: Xustiza.

Datas extremas da serie: 1996-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1996-2017.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: transcorridos 25 anos desde a morte ou, se non se coñece a data do falecemento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central aos 3 anos desde a notificación ao interesado.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial. Poderanse eliminar todos os documentos aos 10 anos da finalización do procedemento agás as actas das reunións das comisións da Asistencia Xurídica Gratuíta.

Como testemuño conservarase ademais unha mostra de 10 exemplares por comisión e ano.

Táboa: 051.

Código de serie: AA4481.

Denominación: Queixas e reclamacións por actuacións dos profesionais nos casos de asistencia xurídica gratuíta.

Procedencia: Xustiza.

Datas extremas da serie: 1996-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1996-2017.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: transcorridos 25 anos desde a morte ou, se non se coñece a data do falecemento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central aos 3 anos desde a notificación ao interesado.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial. Poderanse eliminar todos os documentos aos 10 anos da finalización do procedemento agás as actas das reunións das comisións da Asistencia Xurídica Gratuíta.

Como testemuño conservarase ademais unha mostra de 10 exemplares por comisión e ano.

Táboa: 052.

Código de serie: AA3971.

Denominación: Expedientes de concesión da renda de inclusión social de Galicia (Risga).

Procedencia: Política Social.

Datas extremas da serie: 1991-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1991-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: transcorridos 25 anos desde a morte ou, se non se coñece a data do falecemento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central transcorrido 1 ano da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 5 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do procedemento.

Selección:

I. de 1991 a 2006:

• Eliminación total dos expedientes denegados e recursos aos 5 anos de remate do procedemento.

• Eliminación parcial cunha mostraxe aleatoria sistemática por nº de expediente ao 10 %.

II. Desde o ano 2007: Eliminación total aos 5 anos de remate do procedemento.

Mostra: de 5 expedientes por ano.

Táboa: 053.

Código de serie: AA391.

Denominación: Expedientes de autorización de actividades arqueolóxicas.

Procedencia: Cultura.

Datas extremas da serie: 1982-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1982-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido.

Transferencias:

• Arquivo central/intermedio. Aos 2 anos de autorizar a actividade transferiranse os expedientes dos cales non conste o inicio ou execución da actividade arqueolóxica.

• Arquivo histórico:

– Transferiranse aos 8 anos os expedientes dos cales non conste o inicio ou execución da actividade arqueolóxica.

– Os expedientes pechados que conten con toda a documentación transferiranse directamente desde a oficina ao arquivo histórico.

Selección: Conservación permanente.

Táboa: 054.

Código de serie: AA712.

Denominación: Expedientes de xestión de prestacións da Lei de integración social de minusválidos (Lismi).

Procedencia: Política Social.

Datas extremas da serie: 1985-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1985-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020.

Acceso restrinxido: transcorridos 25 anos desde a morte ou, se non se coñece a data do falecemento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Os expedientes transferiranse ao arquivo central transcorrido un ano desde o remate do procedemento.

• Pasados 5 anos desde a finalización do procedemento os expedientes transferiranse ao arquivo intermedio.

• As mostras dos expedientes que queden despois de efectuada a selección transferiranse ao arquivo histórico para a súa custodia definitiva.

Selección:

1. Conservación total dos expedientes anteriores a 1992.

2. Eliminación total dos expedientes a partir do ano 1992 aos 5 anos da finalización do procedemento.

Mostra: conservación de 5 expedientes por ano.