Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12222

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 9 de febreiro de 2021 pola que se modifica o anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, determina no seu artigo 79 as diferentes categorías dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal, e sinala aos referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos como instrumentos de xestión forestal, para a xestión e o aproveitamento dos montes, baseados na análise das especies existentes e nas súas quendas de corta cando tales especies sexan arbóreas. Así mesmo, garantirán que non se poña en perigo a persistencia dos ecosistemas e que se manteña a capacidade produtiva dos montes. A súa estrutura, o contido, a forma de adhesión, a comunicación á Administración forestal e as consecuencias do seu incumprimento serán desenvolvidos mediante orde da consellería competente en materia de montes.

A devandita orde foi publicada no DOG número 106, do 5 de xuño de 2014, establece a estrutura e os contidos mínimos deses modelos, define até 22 deles no seu anexo I e completa este tipo de instrumentos de xestión cun código ou referente de boas prácticas aplicando os principios e criterios de sustentabilidade desenvolvidos ao abeiro das diferentes conferencias ministeriais para a protección dos bosques en Europa.

Transcorridos máis de cinco anos desde esa publicación resulta necesario incorporar novos modelos silvícolas ou de xestión forestal sustentable; a xestión de masas consolidadas de frondosas autóctonas, a creación de modelos adaptativos ou resilientes, aqueles dirixidos á obtención de ecoprodutos substitutivos de materiais de alta pegada de carbono, a aplicación de modelos próximos á natureza (close-to-nature) ou novos modelos para a obtención de resina, cortiza ou para o aproveitamento pastoril en terreos forestais desarborados foron obxectivo para o desenvolvemento de novos modelos. Adicionalmente, cómpre adaptar os modelos preexistentes e mellorar a definición dos seus obxectivos.

O Anuario de estatística forestal de Galicia para o ano 2019 amosa unha clara tendencia dos titulares forestais galegos á adhesión deste tipo de instrumentos, desde as 96 adhesións rexistradas no ano 2015 pasaron até case 2.460 adhesións no ano 2019, pero o que é máis importante, xa hai máis de 14.500 referencias catastrais adheridas a este tipo de adhesións, por tanto, estes datos refiren que este tipo de instrumentos son útiles, e sendo así, semella necesario afondar e ampliar os modelos existentes.

Asemade, e en aplicación da disposición transitoria sexta da referida Lei 7/2012, o 31 de decembro de 2020, os terreos forestais cuxo couto redondo de maior tamaño sexa inferior ou igual a 15 hectáreas deberán dispor dun instrumento de ordenación ou xestión forestal obrigatorio e vixente, de non ser así, quedarán neses terreos prohibidos os aproveitamentos comerciais de madeira. Esta disposición ten unha clara vinculación coa xestión forestal sustentable e coa obtención de produtos do monte etiquetados baixo selos de certificación forestal, por calquera sistema internacionalmente recoñecido. A situación de Galicia neste eido é claramente deficitaria no contexto europeo, en particular, fronte as cifras que acadan os países centroeuropeos e nórdicos. Esta situación está a crear significativas desvantaxes competitivas na cadea monte-industria galega e xera innecesarios riscos en materia de legalidade da madeira, é necesario reverter esta circunstancia.

En consecuencia, e en aplicación desta habilitación normativa, modifícase o anexo I da actual Orde do 19 de maio de 2014, incorpóranse 18 novos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e suprímense 2 modelos existentes (denominados XMCFA1 e XMCFA2, que son substituídos polos XFAS e SPN, respectivamente). Finalmente, incorpórase á táboa inicial que resume o conxunto de modelos un novo campo caracterizador do nivel ou grao de intensidade de xestión que comporta a aplicación de cada modelo, este concepto presenta unha clara relevancia en materia de silvicultura activa e cualificouse principalmente sobre a base destes catro factores: a frecuencia e relevancia das intervencións de mellora, a intensidade das cortas, a duración da quenda e a medida en que se empregan materiais forestais de reprodución de categorías cualificadas ou controladas.

De forma intencionada non se achegou información sobre a rendibilidade económica de cada un dos modelos. Esta rendibilidade depende directamente da calidade de estación en que se aplique, da posibilidade e facilidade de mecanización dos traballos silvícolas e, o que resulta aínda máis importante, dos prezos que acadarían nun futuro os produtos directos do monte, entre os cales se atopan a madeira de distintas especies, dimensións e calidades. Estes aspectos introducen uns elementos de incerteza derivada da evolución futura dos mercados aos cales unha disposición normativa non pode responder. A decisión de aplicación de cada modelo corresponde polo tanto ás persoas propietarias ou xestoras forestais.

Asemade, avalíase o grao de resiliencia dos modelos propostos. Para tal efecto, enténdese a resiliencia como a capacidade dun ecosistema para manter a súa estrutura e funcións, volvendo á súa situación inicial cando cesa unha determinada perturbación. Para os efectos desta norma valorouse o grao de resiliencia en función da capacidade e do tempo de recuperación dun ecosistema forestal tras a afectación de perturbacións (principalmente lumes, vendavais e pragas e enfermidades) que o poden afectar.

En virtude de todo o exposto, e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia

Un. Modifícase o anexo I que queda redactado como segue:

ANEXO I

Modelos silvícolas ou de xestión forestal

Especie principal

Código MS

Obxectivo do modelo

Intensidade de xestión

Grao de resiliencia

Piñeiro do país (Pinus pinaster Ait.)

PP1

Madeira para trituración, pequena porcentaxe para serra. Máxima produtividade en madeira.

Media-alta

Media-baixa

PP2

Madeira de serra e chapa. 400-500 pés/ha de calidade en corta final.

Media-alta

Media-baixa

PP3

Madeira técnica a quenda curta.

Media-alta

Media-baixa

PMR

Produción mixta madeira-resina en piñeirais.

Media-alta

Media-baixa

Piñeiro manso (Pinus pinea)

PPA1

Produción de piñón e madeira.

Media-alta

Media-baixa

Piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.)

PR1

Madeira para trituración, pequena porcentaxe para serra. Máxima produtividade en madeira.

Alta

Media-baixa

PR2

Madeira de serra e chapa. 250-300 pés/ha de calidade en corta final.

Alta

Media-baixa

PR3

Madeira técnica a quenda curta.

Media-alta

Media-baixa

Piñeiro silvestre (Pinus sylvestris L.)

PS1

Produción multifuncional. Madeira de serra e chapa. 250 pés/ha de calidade en corta final.

Media

Baixa

PS2

Madeira técnica a quenda curta con persistencia do piñeiral.

Media-alta

Baixa

Piñeiro negral (P. nigra subsp. salzmannii var. corsicana)

PN1

Madeira de serra e chapa. 250 pés/ha de calidade en corta final.

Media

Baixa

Piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii Mirb. Franco)

PM1

Madeira de serra e chapa. 200 pés/ha de calidade en corta final.

Media

Media-baixa

Eucalipto branco (Eucalyptus globulus Labill.)

EG1

Madeira para pasta/trituración, diámetro obxectivo aos 12 anos de 25 cm. Ata 40 anos para bateas e chapa.

Alta

Media

EG2

Madeira para serra, diámetro obxectivo aos 25 anos de 50 cm, en aproximadamente 200 pés/ha de calidade. A 40 anos para bateas ou chapa.

Alta

Media

Eucalipto nitens (Eucalyptus nitens Deane&. Maiden)

EN1

Madeira para pasta/trituración con diámetro obxectivo aos 12 anos de 25 cm.

Alta

Media-baixa

EN2

Madeira para serra, diámetro obxectivo aos 25 anos de 50 cm, en aproximadamente 200 pés/ha de calidade.

Alta

Media-baixa

Carballo (Quercus robur L.)

QR1

Protección, conservación e madeira de calidade, con 70-100 pés/ha de calidade en corta final.

Media

Media-alta

QR2

Conservación e produción de leñas.

Media-baixa

Media-alta

Cerquiño (Quercus pyrenaica Will.)

QP1

Aproveitamento de leñas.

Media-alta

Moi alta

QP2

Persistencia e produción multifuncional en reboleiras en monte alto.

Media-baixa

Alta

Sobreira (Quercus suber L.)

QS1

Persistencia e produción multifuncional en sobreirais.

Media-baixa

Alta

Bidueiro (Betula celtiberica Rothm&. Vasc)

BC1

Madeira para serra e chapa. 250 pés/ha de calidade en corta final.

Media

Media

Cerdeira (Prunus avium L.)

PA1

Madeira para serra e chapa. 100-150 pés/ha de calidade en corta final.

Media

Media

Castanea sativa Miller (altitude > 550 m) ou Castanea x hybrida (altitudes menores)

CS1

Madeira para serra e chapa. 200-250 pés/ha de calidade en corta final.

Media-alta

Media-alta

CS2

Produción froiteira en novas plantacións.

Alta

Media-alta

CS3

Produción de froito e outros aproveitamentos e persistencia en soutos tradicionais.

Alta-media

Alta

Chopo (Populus spp, en particular Populus × interamericana)

PCA

Produción de madeira apta para o desenrolamento.

Moi alta

Baixa

Masas de frondosas con alto valor de madeira

PFMV

Produción madeira de chapa e desenrolamento.

Moi alta

Baixa

Xénero Pinus spp.

PF1

Produción multifuncional: micosilvícola de fungos e de madeira.

Media

Media-baixa

Xénero Quercus spp. e Castanea spp.

PF2

Produción multifuncional: micosilvícola de fungos e de madeira.

Media

Media-alta

Sistema silvopastoril

SS1

Produción multifuncional: de pastos e de madeira.

Alta

Moi alta

Sistema pastoril

SP

Produción de pasto para gandería extensiva de carne.

Media

Moi alta

Masas (principalmente xénero Quercus spp.) consolidadas de frondosas autóctonas

SEF

Persistencia e produción de madeira de serra.

Alta

Media

SPN

Persistencia, produción múltiple e conservación da biodiversidade nas masas consolidadas de frondosas autóctonas mediante silvicultura próxima á natureza.

Media-alta

Alta

XFAS

Persistencia, produción múltiple e conservación da biodiversidade nas masas consolidadas de frondosas autóctonas mediante tratamento de rareo sucesivo.

Media-baixa

Alta

RBA

Conservación de formacións autóctonas mediante non intervención e adecuada protección en forma de microrreservas.

Baixa-media

Media-alta

Formacións ripícolas

XBR

Persistencia, produción múltiple e conservación da biodiversidade en bosques de ribeira.

Alta

Moi alta

Infraestruturas verdes (Rodais recreativos)

RR

Compatibilizar o uso publico coa adecuada protección e xestión do sistema forestal.

Alta

Baixa

Modelo silvícola

PP1

Especie principal:

Pinus pinaster Ait., aplicable a formacións mixtas con P. radiata.

Obxectivo:

Madeira para trituración, pequena porcentaxe para serra. Máxima produtividade en madeira.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

En plantacións 3,5 m entre liñas como mínimo × 2 m entre plantas, ata 3,5 m × 2,5 m, que son 1.430 ata 1.140 plantas/ha. Densidade inicial superior en rexenerados naturais.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Entre os 2-5 anos, mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas, ou químico sempre consonte lexislación.

Cando se acuda á rexeneración natural e sempre que a densidade mínima de planta viable supere os 1.500 pés/ha ben espallados e con vigor suficiente deberase realizar, entre os 3-6 anos, unha roza-desmesta sistemática (por entreliñas e nas faixas con arborado), ou manual (se non é posible a mecanización) que adecúe a densidade final á sinalada no presente modelo.

Opcional utilización de aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual, e sempre consonte lexislación.

Tratamentos silvícolas

Podas

Poda baixa (2,5-3 m) cando a altura é de 6-7 m e o diámetro normal medio de 10 cm.

Desmestas

8-10 anos. Densidade remanente de 1.000-1.100 pés/ha. Polo baixo (sobre árbores dominados e con defectos). Opcional. Evitable se a densidade de partida é inferior a 1.300 pés/ha. Posibilidade dunha rarea enerxética en masas con suficiente densidade. Trituración ou esparexido de restos, segundo a lexislación vixente, no 50 % das entreliñas, se a retirada para aproveitamento non se realiza.

Se é rexenerado natural, facer en torno aos 3-6 anos a roza-desmesta sistemática antes indicada, de forma graduada se hai problema de vento forte ou a densidade inicial era moi elevada.

Rareas

Primeira rarea polo baixo e selectiva ata deixar 750-900 pés/ha (12-20 anos), o peso da rarea regularase en función do risco de derruba por vento, entre un 20 e un 30 %, para evitar perda de produción volumétrica, posibilidade de execución semisistemática.

Segunda rarea opcional, deixando uns 650-700 pés/ha (15-25 anos) no caso de que a porcentaxe de serra así o xustifique ou no caso de que sexa necesaria esta segunda rarea á fin de obter 750-900 pés/ha (como consecuencia dunha primeira rarea moderada).

Recoméndase respectar arborado de frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con piñeiro radiata, seleccionar como individuos a extraer aqueles con menor adaptación á estación.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

25-35 anos, dependendo da calidade de estación.

Métodos de corta

Corta a feito. En caso de aplicar corta a feito en dous tempos seleccionaranse na derradeira rarea as árbores pai, 25-50 pés por ha, que se manterán durante 5-10 anos. Evitar cortas a feito en un tempo de superficies superiores a 5 ha, especialmente en pendentes superiores ao 25 %. Produción de madeira de trituración e certa porcentaxe de madeira de serra. Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Compatible con resinaxe aos 3-5 anos previos á corta final, preferiblemente en rodais con segunda rarea feita, empregando método que no afecte á calidade da madeira: pica de casca con estimulación química, en cara de 12 ou 16 cm, simple ou dobre. Alternativamente, pica de casca mecánica con envase pechado.

Modelo silvícola

PP2

Especie principal:

Pinus pinaster Ait., aplicable a formacións mixtas con P. radiata ou frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Madeira de serra e chapa. 400-500 pés/ha de calidade en corta final.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

3,5 m (entre liñas como mínimo) × 2,5 m (entre plantas) ata 3,5 m × 3 m, que son de 1.140 a 952 plantas/ha. Densidade inicial superior en rexenerados naturais.

Replantacións sempre con planta mellorada de categoría cualificada ou controlada. Posible emprego de materiais resistentes a nematodo.

Obrigatoriedade de manter as franxas de uso exclusivo de frondosas autóctonas e as distancias mínimas establecidas na lexislación vixente.

Mantementos

En plantacións, reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Entre os 2-5 anos, mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas, ou químico sempre consonte lexislación.

Cando se acuda á rexeneración natural e sempre que a densidade mínima de planta viable supere os 1.300 pés/ha ben espallados e con vigor suficiente deberase realizar, entre os 3-6 anos, unha roza-desmesta sistemática (por entreliñas e nas faixas con arborado), ou manual (se non é posible a mecanización) que adecúe a densidade final á sinalada no presente modelo.

Recomendable utilización de aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual, e sempre consonte lexislación.

Tratamentos silvícolas

Podas

Poda baixa (2,5-3 m) cando a altura é de 6-7 m e diámetro normal medio de 10 cm nos 1.000-1.200 pés/ha restantes tras a rarea.

Poda alta ata 5,5-6 m (con ferramentas montadas sobre pértega, posible accionamento pneumático) cando os pés acaden unha altura total de 12-15 m, diámetro normal de 18 cm. Só se fará sobre os pés que se deixen para a corta final. Intensidades de poda entre 1/3 e 1/2 da altura total da árbore.

Desmestas

Se é rexenerado natural, facer en torno aos 3-6 anos unha roza sistemática por faixas combinado cunha desmesta selectiva na interfaixa ou manual (se non é posible a mecanización das faixas), ata deixar unha densidade de
900-1.100 pés/ha, de forma graduada se hai problema de vento forte ou a densidade inicial era moi elevada.

En plantación, tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

Primeira rarea ata deixar uns 650-700 pés/ha (15-18 anos) con peso máximo do 40-45 % dos pés. Segunda rarea, deixando 400 pés/ha (20-25 anos), peso máximo do 40 % dos pés. Trituración de restos ou aproveitamento enerxético.

Atendendo a riscos de derribo por vento moderar o peso das rareas facendo tres, mantendo unha densidade máxima en corta final de 500 pés/ha.

Recoméndase respectar arborado de frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con piñeiro radiata, seleccionar como individuos a extraer aqueles con menor adaptación á estación.

Compatible con resinaxe de árbores a extraer nas rareas, método de pica de casca manual ou mecánica, en caras estreitas (12 cm) simples ou dobres.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

35-40 anos (menor quenda en mellores calidades de estación). Posibilidade de anticipar a quenda en caso de problemas sanitarios, de estabilidade ou de desenvolvemento do rodal.

Métodos de corta

Corta a feito, ou a feito en dous tempos (con árbores pai, 25-50 pés por ha durante 5-10 anos). Madeira obtida empregable na súa maior parte a serra e chapa. Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Compatible con resinaxe 3-5 anos previos a corta final polos métodos de borehole ou pica de cara simple ancha (20 cm).

Modelo silvícola

PP3

Especie principal:

Pinus pinaster Ait., aplicable a formacións mixtas con P. radiata.

Obxectivo:

Madeira técnica a quenda curta.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos, en particular XVIII e XIX (Pontevedra), IV e V (A Coruña). Montes con elevadas calidades de estación para piñeiro do país. IS > 16 m

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Plantación a 1.000 pés/ha (4 × 2,5 m). Desmesta precoz en rexenerados naturais ata chegar a esa densidade antes dos 8 anos.

Obrigatoriedade de manter as franxas de uso exclusivo de frondosas autóctonas e as distancias mínimas establecidas na lexislación vixente.

Aproveitar rexeneración natural sempre que resulte indicado: materiais xenéticos locais e bos fenotipos. Replantacións sempre con planta mellorada de categoría cualificada ou controlada. Posible emprego de materiais resistentes a nematodo.

Mantementos

En plantacións, reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Recomendable aboado en plantación. Poda de realce aos 5 anos podando ramas ata 1 m de altura de fuste. Rozas por entreliñas nos primeiros anos e unha de repaso coa masa máis adulta.

Tratamentos silvícolas

Podas

Poda baixa aos 10 anos, restrinxida aos 550 pés/ha remanentes tras primeira rarea (moi precoz), ata 2,5-3 m. En xeral, renunciaríase a podas altas. Tratamento de restos no 50 % das entreliñas.

Desmestas

Evitarase a realización de desmestas mediante a apertura de faixas no caso de rexenerados naturais. Roza-desmesta sistemática mecanizada (por entreliñas e nas faixas con arborado), reducindo a densidade a 1.000 pés/ha antes dos 8 anos.

Rareas

Primeira rarea aos 10 anos. Semisistemática por liñas. Extracción de
450 pés/ha, diámetro medio extraído de=12-13 cm, volume extraído
Ve=21-28 m3cc/ha (segundo calidades). Madeira obtida de trituración. Trituración de restos ou retirada para o seu aproveitamento.

Segunda rarea aos 15 anos. Forte. Extracción de 250 pés/ha. de > 20,2 cm, Ve de 50 a 60 m3cc/ha (segundo calidades de estación). Posible poda alta a
5,5-6 m dos mellores 100 pés/ha. Madeira obtida de serra e trituración. Trituración de restos ou aproveitamento enerxético.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

A quenda de 25 anos. 300 pés/ha. Elevada proporción de madeira de serradura cánter. Prolongable en caso de que o prezo da madeira grosa así o aconselle.

Métodos de corta

Corta a feito e tratamento ou aproveitamento de restos, rexeneración por replantación ou natural.

Produtividade global, incluíndo rareas, de 12,5 a 15 m3/ha ano, segundo calidades (en xeral serán altas). En corta final, obtense madeira técnica con dn > 35 cm, volumes medios entre 0,8 y 1 m3/pé.

Modelo silvícola

PMR (produción mixta madeira-resina en piñeirais)

Especie principal:

Pinus pinaster Ait., Pinus radiata D. Don.

Obxectivo:

Produción mixta madeira-resina.

Distritos preferentes de aplicación:

Costeiros de Pontevedra (XVII, XVIII, XIX) e A Coruña (IV) e sur provincia de Ourense (XII, XIV, XV), preferentemente.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Piñeirais de rexeneración natural ou plantación, con densidade inicial de 1.100 a 1.300 pés/ha ou que se baixa a eses valores por desmestas antes dos 8 anos.

Obrigatoriedade de manter as franxas de uso exclusivo de frondosas autóctonas e as distancias mínimas establecidas na lexislación vixente.

Mantementos

En plantacións, reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Rozas de penetración que permitan o desprazamento das persoas que vaian facer o resinado e diminúan a carga de combustible.

Tratamentos silvícolas

Podas

Poda baixa de todos os pés aos 7-12 anos. En xeral, renunciaríase a podas altas. Tratamento de restos no 50 % das entreliñas.

Desmestas

Desmesta precoz en rexenerados naturais ata chegar a unha densidade de 1.100-1.300 pés/ha antes dos 5 anos. Evitarase a realización doutras desmestas mediante a consideración de apertura de faixas no caso de rexenerados naturais.

Rarea

Rarea forte polo baixo aos 15-20 anos (segundo calidades), co obxectivo de manter só os pés de mellor desenvolvemento diamétrico. Extracción de 350 pés/ha, que suporán da orde de 30 m3/ha de madeira delgada. Trituración de restos ou retirada para o seu aproveitamento.

Segunda rarea aos 25-30 anos, sobre os 350 pés/ha abertos en resinaxe. Extracción de 120 a 165 m3/ha (segundo calidades de estación) de rolla e puntal.

Resinaxe

Método de resinaxe

A seleccionar entre aqueles que aseguran manter a aptitude da rolla para destinos de serradura en segundas rareas e aproveitamento final. Pica de casca manual ou mecanizada con envase aberto ou pechado e estimulación química. Non recomendable cando o rendemento sexa inferior a 10 kg de resina/h de traballo.

Resinaxe

Previa á segunda rarea durante 3 anos, idades de 22 a 25 anos, sobre
350 pés/ha que se extraerán en rareas. Estes pés poderanse resinar por pica de casca en cara tradicional (12 cm) ou de 16 cm, simple ou dobre e por pica mecánica con envase pechado. Diámetro de apertura de 20 cm. Produción total de 750 kg resina/ha e campaña resinando a dobre cara.

Resinaxe previa á corta final sobre os 400 pés/ha restantes, durante 3 a 5 anos. Produción de 1.400 a 1.600 kg resina/ha por campaña cando se resina a dobre cara ancha. Neste caso, ademais dos métodos indicados, admitirase a resinaxe a unha cara ancha de 20 cm se o diámetro supera 30 cm. A resinaxe a unha cara ancha daría unha produción dun 62 % da indicada.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

A quenda de 40 a 45 anos. 400 pés/ha. Posibilidade de anticipar a quenda en caso de problemas sanitarios, de estabilidade ou de desenvolvemento do rodal.

Métodos de corta

Corta a feito ou a feito en dous tempos. Trituración de restos ou retirada para o seu aproveitamento.

Modelo silvícola

PPA1

Especie principal:

Pinus pinea, aplicable a formacións mixtas con P. pinaster ou frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Produción de piñón e madeira.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais, en particular nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Rexenerados naturais ou plantacións, densidades iniciais de 1.000 a 1.200 pés/ha para fomentar produción de piña.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Entre os 2-5 anos, mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas.

Posible mantemento con gando nos bastíos/alto fustes rareados, con roza previa da matogueira e cargas de 0,2 vacas ou 0,3 cabalos/ha.

Recomendable utilización de aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual, e sempre consonte lexislación.

Tratamentos silvícolas

Podas

Podas de fuste, eliminando polas baixas para conformar copa globosa, con expansión horizontal e descontinuidade vertical do combustible. Dúas intervencións, acadando os 5,5-6 m.

Poda de olivación para eliminar ramas secas e franzas improdutivas no interior da copa, facilitando acceso para recollida.

Desmestas

Aplicar dúas desmestas ata acadar unha densidade obxectivo de 400 a 450 pés/ha cando o diámetro normal (dn) acade 20 cm.

Tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

Aplicar rareas cunha rotación correspondente a incrementos diamétricos de 10 cm. Densidade obxectivo para dn=40 cm de 200 pés/ha. Aproveitamento de madeira de trituración e táboa pequena.

Aproveitamento de piña

Recollida anual de piña dende os 20-30 anos, de forma manual ou con vibradores. Produción de piña dependente de condicións climáticas, esperable de 150 kg/ha ata 400 kg/ha aos 120 anos.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

Adaptable ao nivel de produción de piñón, frecuentemente 120 anos. Posibilidade de anticipar a quenda en caso de problemas de desenvolvemento do rodal ou falla de produción de piñón.

Métodos de corta

Corta a feito en dous tempos, de rareo sucesivo ou de entresaca. Madeira obtida empregable na súa maior parte a serra. Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Compatible con resinaxe 3-5 anos previos á corta final polos métodos de borehole ou pica de cara simple ancha (20 cm).

Modelo silvícola

PR1

Especie principal:

Pinus radiata D. Don., aplicable a formacións mixtas con P. pinaster.

Obxectivo:

Madeira para trituración, pequena porcentaxe para serra. Máxima produtividade en madeira.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

3,5 m (entre liñas como mínimo) × 3,5 m, 4 m × 3 m, 4 m × 2,5 m ou 3,5 m × 2,5 m; 815-1.140 plantas/ha.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas en anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas, ou químico sempre consonte a lexislación.

Aboado de implantación necesario (N,P,K), baixo en nitróxeno, granulado soluble ou de liberación gradual; aplicación conforme ao tipo de abono empregado e sempre consonte a lexislación.

Tratamentos silvícolas

Podas

Baixa ata 2,5-3 m cando o diámetro normal (dn) acade 10 cm, tras a primeira rarea se esta existe. Repaso se procede de brotes epicórmicos tras poda.

Desmestas

Durante os primeiros anos, no caso de rexeneración natural densa tras lume, ata deixar unha densidade de 900 a 1.150 pés por ha.

No caso de plantacións non será en xeral necesario aplicar desmesta se a densidade de plantación foi inferior a 1.200 pés/ha.

Tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

Primeira e única rarea entre 10-15 anos, peso do 30 ao 50 % dos pés, deixando 500-600 pés/ha, atendendo a riscos de derruba por vento, con posibilidade de execución semisistemática.

Recoméndase respectar arborado de frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con piñeiro do país, seleccionar como individuos a extraer aqueles con menor adaptación á estación.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

20-30 anos, dependendo da calidade de estación.

Métodos de corta

Corta a feito. Non recomendable corta a feito en dous tempos pola inestabilidade das árbores. Evitar cortas a feito en un tempo de superficies maiores de 5 ha. Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Produción de madeira de trituración e certo porcentaxe de madeira de serra.

Modelo silvícola

PR2

Especie principal:

Pinus radiata D. Don., aplicable a formacións mixtas con P. pinaster e frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Madeira de serra e chapa. 250-300 pés/ha de calidade en corta final.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

3,5 m (entre liñas como mínimo) × 3,5 m, 4 m × 3 m, 4 × 3,5 ou 4 m × 2,5 m;
714-1.000 plantas/ha.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Recomendable a reforestación tralas cortas finais con planta mellorada de categoría cualificada ou controlada. Posible emprego de materiais resistentes a nematodo.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas, ou químico sempre consonte lexislación.

Aboado de implantación necesario (N,P,K), baixo en nitróxeno, granulado soluble ou de liberación gradual; aplicación conforme ao tipo de abono empregado.

Control integrado de fungos foliares e tratamentos con funxicida cando a incidencia da enfermidade o xustifique, entre os 5 e os 10 anos. Fertilización con cinzas de biomasa e superfosfatos ou roca fosfórica moída ao ano 5.

Tratamentos silvícolas

Podas

Baixa ata 2,5-3 m cando o diámetro normal (dn) acade 10 cm, tras a primeira rarea se esta existe. Posibilidade de realizar un realce previo a 1 m nos primeiros 5 anos.

Poda alta ata 5,5-6 m cando os pés acaden unha altura total de 12-15 m, dn de 18 cm, tras a primeira rarea. Con ferramentas montadas sobre pértega, posible accionamento pneumático. Só se fará sobre os pés que se deixen para a corta final (250 a 300 pés/ha).

Repaso se procede de brotes epicórmicos tras poda.

Desmestas

No caso de plantacións non será en xeral necesario aplicar unha desmesta se a densidade de plantación é inferior a 1.200 pés/ha. En caso contrario, realizar desmesta aos 7-8 anos, deixando 600-900 pés/ha.

Tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

Primeira rarea entre os 10-15 anos, peso do 30 ao 50 % dos pés, deixando 500-600 pés/ha, atendendo a riscos de derruba por vento, con posibilidade de execución semisistemática. En rodais plantados a baixa densidade pode ser a única rarea, quedando unha densidade final no entorno de 350 pés/ha.

Segunda rarea opcional entre os 15-25 anos, extraendo o 30-35 % dos pés restantes, deixando 250-300 pés/ha.

Recoméndase respectar arborado de frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con piñeiro do país, seleccionar como individuos a extraer aqueles con menor adaptación á estación.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

30-35 anos (menor quenda en mellores calidades de estación). Posibilidade de anticipar a quenda en caso de problemas sanitarios, de estabilidade ou de desenvolvemento do rodal.

Métodos de corta

Corta a feito, ou a feito en dous tempos (con árbores pai, preseleccionados pola súa estabilidade). Madeira obtida empregable na súa maior parte a serra e chapa. Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Modelo silvícola

PR3

Especie principal:

Pinus radiata D. Don. aplicable a especies alternativas como P. taeda.

Obxectivo:

Madeira técnica a quenda curta.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Plantacións con planta mellorada de categoría cualificada ou controlada a 1.000 pés/ha (4 × 2,5 m).

Obrigatoriedade de crear/manter as franxas de uso exclusivo de frondosas autóctonas e as distancias mínimas establecidas na lexislación vixente.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Aboado de implantación necesario. Fertilización en plantación. Poda de realce nos primeiros 5 anos podando ramas ata 1 m de altura de fuste. Rozas por entreliñas segundo necesidade nos primeiros 5 anos.

Control integrado de fungos foliares e tratamentos con funxicida cando a incidencia da enfermidade o xustifique, entre os 5 e os 10 anos. Fertilización opcional con cinzas de biomasa e superfosfatos ou roca fosfórica moída ao ano 5.

Tratamentos silvícolas

Podas

Poda baixa entre 7 e 10 anos, restrinxida aos 550 pés/ha remanentes tras primeira rarea (moi precoz), ata 2,5-3 m de altura. Tratamento de restos de poda no 50 % das entreliñas.

Repaso se procede de brotes epicórmicos tras poda.

Desmestas

Evitarase a realización de desmestas mediante o aproveitamento comercial da primeira rarea con destino taboleiro, pelet ou acha de uso enerxético.

En caso necesario, realizarase unha desmesta aos 7-8 anos reducindo a densidade a aproximadamente 1.000 pés/ha.

Rareas

Primeira rarea aos 8-15 anos. Semisistemática por liñas. Extracción de
450 pés/ha, diámetro medio extraído de=12-14 (segundo calidades de estación, en xeral serán altas), volume extraído Ve=23-35 m3cc/ha (segundo calidades).

Segunda rarea aos 12-18 anos. Forte. Extracción de 250 pés/ha, de > 22 cm,
Ve de 63 a 85 m3cc/ha (segundo calidades). Poda alta a 6 m dos mellores 100 pés/ha.

Trituración de restos ou retirada para o seu aproveitamento.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

A quenda de 20 anos. Elevada proporción de madeira de serradura cánter. Posibilidade de alongar a quenda en caso de que o prezo da madeira grosa así o aconselle.

Métodos de corta

Corta a feito. Trituración de restos ou retirada para o seu aproveitamento.

Produtividade media global incluídas rareas de 18 a 23 m3cc/ha e ano, segundo calidades de estación. En corta final, obtense madeira técnica con árbores de 40 cm de diámetro, volumes medios de 1,2 a 1,4 m3/pé.

Modelo silvícola

PS1

Especie principal:

Pinus sylvestris L., aplicable a formacións mixtas con outros piñeiros ou frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Produción multifuncional. Madeira de serra e chapa. 250 pés/ha de calidade en corta final.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais das provincias de Lugo e Ourense, Distritos XVI e XVII (Pontevedra).

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

3 a 3,5 m (entre liñas). Densidades entre 1.100 e 1.600 pés/ha, segundo pendente e obxectivo da reforestación.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas liñas de plantas. Rozas perimetrais de prevención de incendios. Posible mantemento con gando, con roza previa da matogueira se é necesario, cargas de 0,2 vacas ou 0,3 cabalos/ha.

Aboado de implantación recomendado (N,P,K), baixo en nitróxeno, granulado soluble ou de liberación gradual, aplicación conforme ao tipo de abono empregado.

Tratamentos silvícolas

Podas

Poda baixa (2,5-3 m) cando o diámetro normal medio (dn) é de 10 cm, sobre a totalidade dos pés presentes.

Poda alta ata 5,5-6 m, cando o dn acade 18 cm, sobre árbores de porvir de máis de 12 m de altura, 300-400 pés/ha, ao fin de garantir que se hai danos cheguen á corta final 250 pés/ha. Intensidades de poda até un 1/2 da altura total da árbore.

Desmestas

Durante os primeiros 5 anos, no caso de rexeneración natural, ata deixar a densidade indicada (1.100-1.600 pés/ha).

Aos 15-30 anos realizaranse unha ou dúas desmestas ata unha densidade
de 750-900 pés/ha. Obteríase madeira de puntal para facer achas.

En caso de non aproveitarse, tratamento de restos por trituración ou esparexido, segundo a lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

30 a 50 anos, realizaranse rareas cada 5-8 anos.

50 a 80 anos, realizaranse rareas cada 8-10 anos.

Regularanse as rareas en función da calidade de estación, desenvolvemento dos pés e riscos de derruba por vento.

Redución progresiva de densidade ata acadar 250 pés/ha de calidade. Consideración dos efectos protectores e a produción de cogomelos para a regulación das rareas.

Recoméndase respectar arborado de frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con outros piñeiros, seleccionar como individuos a extraer aqueles con menor adaptación á estación.

Cando menos deixar entre 5-10 anos para realizar a corta de rexeneración (dependendo da calidade de estación).

Corta final de rexeneración

Idade de corta

60-100 anos (dependendo da calidade de estación). Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios.

Posibilidade de anticipar a quenda en caso de problemas sanitarios, de estabilidade ou de desenvolvemento do rodal.

Métodos de corta

Cortas a feito, a feito en dous tempos, por rareo sucesivo ou mesmo cortas por entresaca en montes protectores. Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Aproveitarase a rexeneración avanzada ou a que derive das cortas, replantando tras dous anos necesariamente se non se acada a rexeneración natural.

Modelo silvícola

PS2

Especie principal:

Pinus sylvestris L., aplicable a formacións mixtas con outros piñeiros ou frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Madeira técnica a quenda curta con persistencia do piñeiral.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais das provincias de Lugo e Ourense, Distritos XVI e XVII (Pontevedra).

Montes con calidades de estación relativamente altas (> 15 m de altura dominante a los 40 años), poboados con rodais de diámetros homoxéneos.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

As determinadas pola densidade de plantación empregada e as intervencións de rarea aplicadas, en xeral na contorna de 500 pés/ha a unha idade de 40-50 anos.

No caso xeral de que o modelo silvícola comece a aplicarse en masas con escasos tratamentos previos, as densidades atopadas aos 40-50 anos poden ser superiores, de 700 a 1.000 pés/ha.

Obrigatoriedade de manter as franxas de uso exclusivo de frondosas autóctonas e as distancias mínimas establecidas na lexislación vixente.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre filas de plantación e manual nas plantas, repetidos polo menos cada 5 anos ata a primeira poda. Rozas perimetrais de prevención de incendios. Posible mantemento con gando, con roza previa da matogueira se é necesario, cargas de 0,2 vacas ou 0,3 cabalos/ha.

Aboado de implantación recomendado (N,P,K), baixo en nitróxeno, granulado soluble ou de liberación gradual, aplicación conforme ao tipo de abono empregado.

Tratamentos silvícolas

Podas

Poda baixa (2,5-3 m) cando o diámetro normal medio é de 10 cm, sobre arboredo de 15-17 anos e 6-8 m de altura, con roza previa por faixas e trituración posterior de restos.

Desmestas

Unha desmesta en rexenerados naturais antes dos 5 anos, mecanizado por faixas se é posible, ata deixar a densidade desexada.

Tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

Primeira rarea aos 25 anos, extracción de 550-600 pés/ha, semisistemática. Aproveitamento de madeira para taboleiro ou pelet. Produción de 50 m3/ha, diámetro extraído de > 14 cm.

Segunda rarea aos 35 anos, extracción de 300 pés/ha, volume extraído
Ve=70 m3/ha, con de de 18 cm.

Recoméndase respectar arborado de frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con outros piñeiros, seleccionar como individuos a extraer aqueles con menor adaptación á estación.

Cando menos deixar entre 5-10 anos para realizar a corta de rexeneración (dependendo da calidade de estación).

Corta final de rexeneración

Idade de corta

A quenda de 45-50 anos, quenda tecnolóxica con diámetros obxectivo de 30 a 32 cm (madeira técnica). Densidade en corta final duns 500 pés/ha, aproveitándose 300 m3/ha. Volume unitario de 0,6-0,7 m3/árbore. Intervención previa á quenda de máxima renda en especie, que é de 70-75 anos en IS=18, sacrificio de cortabilidade estímase inferior ao 10 %.

Posibilidade de alonga a quenda se a evolución do prezo da madeira grosa así o aconsella.

Métodos de corta

Cortas en bosquetes de 3-4 ha, descontinuas e con cortas intermitentes. Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Aproveitarase a rexeneración avanzada ou a que derive das cortas, replantando tras dous anos necesariamente se non se obtén rexeneración natural debido á reducida idade do arboredo (situación previsiblemente máis frecuente).

Na rexeneración buscarase unha densidade de 1.500 pés/ha de plantas xa establecidas (> 1,3 m de altura) ben distribuídas.

Modelo silvícola

PN1

Especie principal:

P. nigra subsp. salzmannii var. corsicana, aplicable a formacións mixtas con outros piñeiros ou frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Madeira de serra e chapa. 250 pés/ha de calidade en corta final.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais, pero especialmente nos distritos de montaña: VII e VIII (Lugo), XIII, XIV e XV (Ourense) e nunha cota de 800-1.200 m de altitude.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

3 a 3,5 m (entre liñas). Densidades entre 1.100 e 1.600 pés/ha, segundo pendente e obxectivo da reforestación.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Entre os 2-10 anos (debido a que a copa é moi clara e non controla ben a competencia do mato), mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas. Posible mantemento con gando, con roza previa da matogueira se fora necesario, cargas de 0,2 vacas ou 0,3 cabalos/ha.

Opcional utilización de aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual, e sempre consonte lexislación.

Tratamentos silvícolas

Podas

A pesares da boa poda natural é recomendable unha poda baixa (2,5-3 m) cando a altura é de 6-7 m e diámetro normal medio de 10 cm sobre a totalidade dos pés presentes.

Nas árbores de porvir farase poda alta ata 5,5-6 m, sobre 300-400 pés/ha de máis de 12 m de altura, ao fin de garantir que se hai danos cheguen á corta final 250 pés/ha. Intensidades de poda até un 1/2 da altura total da árbore.

Desmestas

Só no caso de ser necesario, aos 10-15 anos co fin de deixar uns
900-1.200 pés/ha. Polo baixo (sobre árbores dominadas e con defectos). Obteríase madeira para facer achas.

Tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

Rareas polo baixo e selectivas de árbores de porvir (elíxense entre os pés dominantes e codominantes máis vigorosos e con mellores calidades de fuste) 300-400 pés/ha.

Peso das rareas moderado a forte (25-30 % de área basimétrica), co obxectivo de rendibilizar as intervencións. Moderar o peso en rareas tardías con altura media dos pés > 15-20 m (15-20 %), co fin de evitar danos por vento polo elevado índice de esvelteza da masa.

Primeira rarea realizarase aos 20-30 anos e acompañarase da poda alta.

Entre a primeira rarea (20-30 anos) e os 55 anos aplicaranse, en función da calidade de estación, desenvolvemento dos pés e riscos de derruba, de 3 a 4 rareas separadas 5-10 anos entre si.

Cando menos deixar entre 5-10 anos para realizar a corta de rexeneración (dependendo da calidade de estación).

Corta final de rexeneración

Idade de corta

60-80 anos (dependendo da calidade de estación). Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios.

Métodos de corta

Corta a feito, ou a feito en dous tempos (con árbores pai, seleccionados previamente pola súa estabilidade), 25-50 pés por ha durante 5-10 anos. Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Modelo silvícola

PM1

Especie principal:

Pseudotsuga menziesii Mirb. Franco, aplicable a formacións mixtas con frondosas autóctonas e a coníferas de similar temperamento.

Obxectivo:

Madeira para serra e chapa. 200 pés/ha de calidade en corta final.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

3 a 3,5 m (entre liñas). Densidades entre 1.100 e 1.600 pés/ha, segundo pendente e obxectivo da reforestación.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas. Rozas restrinxidas á etapa previa a tanxencia de copa, polo bo control de mato derivado da alta densidade de copa. Dificultade de compatibilizar con pastoreo baixo arborado.

Necesaria utilización de aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual, e sempre consonte a lexislación.

Tratamentos silvícolas

Podas

Unha primeira poda baixa (2,5-3 m) cando as árbores acaden 6-8 m de altura e o diámetro normal 10 cm. Pódanse todas as árbores presentes. Realce previo opcional a 1 m de altura aos 3 a 5 anos.

Unha segunda poda alta ata 5,5-6 m cando as árbores alcanzan uns 12 m de altura e dn de 18 cm, tan só as 300 mellores árbores. Intensidade de poda até un 1/2 da altura total da árbore.

Terceira poda opcional chegando aos 8 m se é economicamente viable.

Repaso se procede de brotes epicórmicos tras poda.

Desmestas

Farase aos 10-15 anos en densidades superiores a 1.500 pés/ha, eliminando un 20-40 % dos pés existentes, para unha densidade final de 900-1.200 pés/ha.

Tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

Primeira rarea ata deixar uns 700-800 pés/ha (18-22 anos). Recomendable aplicación semisistemática e con selección de árbores de porvir, que se seleccionarán en número de 250 pés/ha.

Moderar o peso en rareas tardías con altura media dos pés > 15-20 m (15-20 %), co fin de evitar danos por vento polo elevado índice de esveltez da masa.

Segunda rarea ata deixar uns 450-500 pés/ha (25-30 anos).

Terceira rarea, deixando uns 300 pés/ha (35-40 anos).

Cuarta rarea opcional para deixar 200 pés/ha (45-50 anos).

Cando menos deixar entre 5-10 anos para realizar a corta de rexeneración (dependendo da calidade de estación).

Corta final de rexeneración

Idade de corta

60-80 anos. Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios

Métodos de corta

Corta a feito, ou a feito en dous tempos (con árbores pai, 25-50 pés/ha seleccionados previamente entre os de maior estabilidade, que se reservan durante 5-10 anos). Tratamento de restos de acordo coa normativa vixente.

Modelo silvícola

EG1

Especie:

Eucalyptus globulus Labill. aplicable tamén a especies de eucaliptos de casca fibrosa, en plantacións puras ou mesturados con E. globulus.

Obxectivo:

Madeira para pasta/trituración, diámetro obxectivo aos 12 anos de 25 cm.

Distritos preferentes de aplicación:

Distritos I, II, III, IV e V (A Coruña), Distrito VI (Lugo), Distritos XVI, XVII, XVIII e XIX (Pontevedra).

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

1.000-1.600 plantas/ha. O máis recomendable é un marco de 3,5 (distancia entre filas) × 2 m (distancia entre plantas). Aconséllase deixar unha distancia mínima de 3,5 m entre filas, para facilitar a mecanización das operacións posteriores.

Densidades maiores dan peche de copas antes, pero encarece a plantación. Cumprimento das distancias mínimas establecidas en anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas liñas de plantas, ou químico sempre consonte lexislación. Mínimo de dúas rozas por quenda.

Recomendable aboado de implantación NPK 8/24/16; disposto a 30 cm do colo da raíz, a ambos os dous lados.

Fertilización de mantemento recomendable, en particular antes da tanxencia de copas e tras recepe para favorecer rebrote, en particular se retiramos a casca e os restos de corta.

Tratamentos silvícolas

Selección de abrochos

Segundas e terceiras quendas, selección de 1-2 dos mellores abrochos por pé.

Trituración de restos, retirada para o seu aproveitamento ou acordoado ou esparexido segundo lexislación vixente.

Podas

Non recomendadas.

Desmestas

-

Rareas

-

Corta final de rexeneración

Idade de corta

12-16 anos segundo calidade de estación. Produción esperable de 100 a 350 m3cc/ha ano segundo calidade de estación.

Métodos de corta

Corta a feito con tratamento de restos ou retirada para aproveitamento. Rexeneración por rebrote ou replantación en caso de fallos de rebrote ou interese por cambiar o material xenético. Recoméndase en todo caso que tras 3 quendas se proceda a rexeneración da masa mediante plantación artificial.

Modelo silvícola

EG2

Especie:

Eucalyptus globulus Labill. aplicable tamén a especies de eucaliptos de casca fibrosa, en plantacións puras ou mesturados con E. globulus.

Obxectivo:

Madeira para serra, diámetro obxectivo aos 25 anos de 50 cm, en aproximadamente 200 pés/ha de calidade. Ata 40 anos para bateas ou chapa.

Distritos preferentes de aplicación:

Distritos I, II, III, IV e V (A Coruña), Distrito VI (Lugo), Distritos XVI, XVII, XVIII e XIX (Pontevedra).

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Aconséllase un marco de 3 × 3 m (1.111 plantas/ha).

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas, ou químico sempre consonte lexislación. Mínimo de dúas rozas por quenda.

Recomendable aboado de implantación NPK 8/24/16; disposto a 30 cm do colo da raíz, a ambos os dous lados.

Fertilización de mantemento recomendable, en particular antes da tanxencia de copas.

Tratamentos silvícolas

Selección de abrochos

-

Podas

Dúas podas de ramas vivas, afectando como máximo un 40 % da copa viva, aos 2-3 anos, altura total podada de 5,5-6 m, sobre 150-200 pés/ha de porvir seleccionados e espazados 7-9 m entre si.

Desmestas

3 anos para deixar 500-600 pés/ha, mediante desmesta selectiva ou semisistemática.

Retirada para aproveitamento ou tratamento de restos conforme a lexislación vixente.

Rareas

Aos 6-9 anos ata deixar 150-200 pés/ha.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

25 anos recomendado. 200 pés de calidade/ha, produción preferente de madeira de serra e chapa. Posibilidade de anticipar a quenda en caso de problemas sanitarios, de estabilidade ou de desenvolvemento do rodal. Ata 40 anos para bateas ou chapa.

Métodos de corta

Corta a feito con tratamento de restos ou retirada para aproveitamento. Rexeneración por replantación.

Modelo silvícola

EN1

Especie:

Eucalyptus nitens Deane & Maiden.

Obxectivo:

Madeira para pasta/trituración con diámetro obxectivo aos 14 anos de 25 cm.

Distritos preferentes de aplicación:

Distrito I, Distrito II, Distrito III, Distrito IV, Distrito V, Distrito VI, Distrito IX agás os termos municipais de Castroverde, Sarria, O Incio, Samos, Triacastela, Paradela, O Páramo e Láncara, Distrito X, Distrito XVI, Distrito XVII, Distrito XVIII, Distrito XIX.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

1.100-1.600 plantas/ha. O máis recomendable é un marco de 3 ou 3,5 (distancia entre filas) × 2 m (distancia entre plantas). Aconséllase deixar unha distancia mínima de 3,5 m entre filas, para facilitar a mecanización das operacións posteriores.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas, ou químico sempre consonte lexislación.

Recomendable aboado de implantación NPK 8/24/16; disposto a 30 cm do colo da raíz, a ambos os dous lados.

Fertilización de mantemento recomendable, en particular antes da tanxencia de copas.

Tratamentos silvícolas

Selección de abrochos

-

Podas

-

Desmestas

-

Rareas

-

Corta final de rexeneración

Idade de corta

(12)-14-20 anos. Produción esperable de 200 a 500 m3cc/ha e ano segundo calidade de estación.

Métodos de corta

Corta a feito con tratamento de restos ou retirada para aproveitamento. Rexeneración por replantación.

Modelo silvícola

EN2

Especie:

Eucalyptus nitens Deane&. Maiden.

Obxectivo:

Madeira para serra, diámetro obxectivo aos 25 anos de 50 cm, en aproximadamente 200 pés/ha de calidade.

Distritos preferentes de aplicación:

Distrito I, Distrito II, Distrito III, Distrito IV, Distrito V, Distrito VI, Distrito IX agás os termos municipais de Castroverde, Sarria, O Incio, Samos, Triacastela, Paradela, O Páramo e Láncara, Distrito X, Distrito XVI, Distrito XVII, Distrito XVIII, Distrito XIX.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Aconséllase un marco de 3 × 3 m (1.111 plantas/ha).

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total no primeiro ano.

Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas, ou químico sempre consonte lexislación. Mínimo de dúas rozas por quenda.

Recomendable aboado de implantación NPK 8/24/16; disposto a 30 cm do colo da raíz, a ambos os dous lados.

Fertilización de mantemento recomendable, en particular antes da tanxencia de copas.

Tratamentos silvícolas

Selección de abrochos

-

Podas

Dúas podas de ramas vivas, afectando como máximo un 40 % da copa viva, aos 2-3 anos, altura total podada de 5,5-6 m, sobre 150-200 pés/ha de porvir seleccionados e espazados 7-9 m entre si.

Desmestas

3 anos para deixar 500-600 pés/ha, mediante desmesta selectiva ou semisistemática.

Retirada para aproveitamento ou tratamento de restos conforme a lexislación vixente.

Rareas

Aos 6-9 anos ata deixar 150-200 pés/ha.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

25 anos recomendado. 200 pés de calidade/ha, produción preferente de madeira de serra e chapa. Posibilidade de anticipar a quenda en caso de problemas sanitarios, de estabilidade ou de desenvolvemento do rodal.

Métodos de corta

Corta a feito con tratamento de restos ou retirada para aproveitamento. Rexeneración por replantación.

Modelo silvícola

QR1

Especie principal:

Quercus robur L., aplicable a formacións mixtas con piñeiro do país ou outras frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Protección, conservación e madeira de calidade, con 70-100 pés/ha de calidade en corta final.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

2.000-2.500 plantas/ha en plantación (2 × 2, 2,5 × 2, 3 × 1,5 m). Esta densidade inicial non permitirá a roza mecanizada, polo tanto, poderanse de forma xustificada diminuír estas densidades deixando unha separación de 3 ou 3,5 m entre liñas. Recomendable rega e preparación de escavas.

6.000-10.000 plantas/ha en sementeira ou rexeneración natural.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

En plantación, posible reposición de marras os dous primeiros anos e rozas totais. Mantemento mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas. Posible emprego de pastoreo a partir de 15 cm de diámetro.

Opcional utilización de aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual, e sempre consonte a lexislación.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación

Podas de formación cada 2-3 anos, non necesita poda se se fai ben o conformado de fuste.

Desmestas

Desde os 15 anos, deixando 1.000-1.500 pés/ha, poden producir madeira de trituración e leñas. Posibilidade de deixar un subpiso de especies de temperamento de sombra.

En rexenerados naturais con altas densidades, con 7-10 anos realizaríase aperturas de faixas de 3,5 m mediante roza con tractor.

Rareas

Iniciar aos 30 anos, e despois seguir cada 7-10 anos. Actuar sobre dominantes e codominantes, non sendo moi intensas para evitar chupóns. Posibilidade de aplicar rareas con selección de pés de porvir. Entre os 50-80 anos rareas algo máis fortes para estimular o crecemento diamétrico. Aplicaranse en total de 2 a 4 rareas segundo densidade e evolución da masa.

Recoméndase respectar arborado doutras frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con piñeiros, priorizar o carballo como especie principal.

Cortas de rexeneración e conservación de hábitats

Conservación de hábitats

Asegurarase a conservación dos valores ecosistémicos e ambientais e da diversidade. Dentro de Rede Natura 2000, estarase ao indicado no seu plan director.

Idade de corta

90 a 120 anos, podendo manter de xeito definitivo arborado adulto en pé a partires desas idades. 70-100 pés/ha en cortas de rexeneración, con lonxitude de fuste podado, recto e sen defectos a 6-10 m, diámetro normal mínimo 50 cm. Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios.

Métodos de corta

Rareo sucesivo en dous tempos, con reserva de arborado.

Modelo silvícola

QR2

Especie principal:

Quercus robur L., aplicable a formacións mixtas con piñeiro do país ou outras frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Conservación e produción de leñas en monte alto e carballeiras demoucadas.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais. Carballeiras cun estado forestal o silvícola que non recomende ou non permita intervencións culturais propias da produción de madeireira.

Rexeneración

Densidades

Rodais de rexeneración natural de densidade variable, estrutura de montes bravos, bastíos ou alto fustes por rexeneración de semente, alto fustes sobre cepas ou árbores demoucadas.

Mantementos

Roza de subpiso para facilitar o acceso. Control mediante corte de hedra para manter a vitalidade do arborado. Tratamentos deben promover a creación dun modelo de combustible de frouma baixo arborado.

Aproveitamentos complementarios

Compatibilidade con aproveitamento micolóxico e gandeiro, en especial coa retirada da folla desfrondada.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación

Podas de formación posibles para acadar lonxitude de fuste sen bifurcacións da altura que se considere axeitada (2 a 4 m).

Desmestas

Desde os 15 anos, deixando 1.000-1.500 pés/ha, poden producir madeira de trituración e leñas.

Rareas

Iniciar aos 30 anos, e despois seguir cada 7-10 anos. Actuar sobre dominantes e codominantes, non sendo moi intensas para evitar chupóns.

Recoméndase respectar arborado doutras frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con piñeiros, priorizar o carballo como especie principal.

Demoucas

Só admisible en árbores previamente demoucadas (re-demoucado). Evitar demoucados totais das copas. Aplicar demoucas laterais para manter unha guía principal ou de guiado en forma de forca e pendón. Aplicar as podas de produción de leña coas necesarias medidas de seguridade.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

90 a 120 anos, podendo manter de xeito definitivo arborado adulto en pé a partires desas idades. Pódese aplicar quendas máis longas, consistentes coa lonxevidade natural do arborado.

Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios

Métodos de corta

Evitar cortas a feito e posterior aproveitamento en monte baixo. Posible corta polo pé de árbores demoucadas se existe rexenerado de substitución arredor. Rareo sucesivo ou entresaca pé a pé ou en grupos de árbores.

Modelo silvícola

QP1

Especie principal:

Quercus pyrenaica Will.

Obxectivo:

Aproveitamento de leñas.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais das provincias de Lugo e Ourense.

Rexeneración

Densidades

6.000-10.000 plantas/ha en sementeira ou rexeneración natural, que será o caso máis frecuente. Recoméndase apertura de faixas de 3,5 m de largo e redución da densidade a 2.000-2.500 plantas/ha.

Posibilidade de plantación a densidade de 2.000-2.500 plantas/ha, recomendándose separación de 3 ou 3,5 m entre liñas.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Implantada a masa, aplicarase o método de beneficio de monte baixo.

Mantementos

Mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas liñas de plantas.

Posible selección dos gromos de cepa ou de raíz que se produzan tras a corta.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación

Non

Desmestas

Non

Rareas

Non

Corta final de rexeneración

Idade de corta

10-20 anos. Aproveitamento para leñas ou achas.

Métodos de corta

Cortas a feito con resalvos se pretendemos deixar unha reserva.

Modelo silvícola

QP2 (silvicultura en monte alto)

Especie principal:

Reboleiras (Quercus pyrenaica Will.) como especie principal, presenza posible doutras especies en mestura, en particular carballo.

Obxectivo:

Multiproducción de reboleiras en monte alto: leñas, madeira, pastoreo extensivo, aproveitamentos cinexéticos e micolóxicos.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais. Reboleiras de calquera calidade de estación, procedentes de rexeneración natural por rebrote ou por semente.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Variables segundo a idade, evolucionando dende 2.000-2.500 pés/ha para monte bravo ata 400 pés/ha de alto fustes que acaden as cortas de rexeneración. Manterase o índice de espazado de Hart-Becking entre 24 e 28 %.

Mantementos

Control da vexetación de subpiso que poida supoñer risco de incendio, ben mediante o manexo de gando ou por medios mecánicos. Será adecuada a apertura mecanizada de faixas rozadas de 3 m de largo cada 25 m en montes bravos.

Tratamentos silvícolas

Resalveo de conversión

Sobre tallares (montes baixos) que se pretendan converter, aplicaríase resalveo de conversión en monte baixo, mediante primeira rarea de resalveo sobre formacións con diámetros medios de 10-15 cm, intervencións sobre brotes da mesma cepa, deixando polo menos un resalvo por cepa. Evitar reducións de máis do 20 % da fracción de cabida cuberta (FCC). A introdución de gando permitirá reducir a intensidade do rebrote.

Podas de formación

Non serán en xeral necesarias, agás no caso da primeira rarea ou resalveo de conversión.

Rareas

Rareas sucesivas desde os 30 anos, tanto en montes altos preexistentes como en formacións en proceso de conversión (alto fustes sobre cepas) con rotación de 10 anos. Procurarase manter arboredo con índice de esveltez inferior a 70 e con copa ben desenvolta, para evitar gromos epicórmicos.

Para unha calidade de estación intermedia (IS=11 m a 30 anos), aplicaranse 3 rareas, con extraccións de 15 a 30 m3/ha de madeira para leñas.

Recoméndase respectar arborado doutras frondosas autóctonas nas rareas.

Cortas de rexeneración e conservación de hábitats

Conservación de hábitats

Asegurarase a conservación dos valores ecosistémicos e ambientais e da diversidade. Dentro de Rede Natura 2000, estarase ao indicado no seu plan director.

Idade de corta

80 a 120 anos, con 400 pés/ha duns 32 cm de diámetro normal na calidade media, altura dominante de 22-24 m. Crecemento medio de 3 m3/ha e ano na calidade media. Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios.

Métodos de corta

A comezar aos 80-120 anos, con existencias > 175 m3/ha, sendo posible e desexable o mantemento de arboredo de maior idade e a reserva de arboredo sen apear. Intervencións de rareo sucesivo buscarán a rexeneración por landra.

Modelo silvícola

QS1

Especie:

Sobreirais (Quercus suber L.) como especie principal, presenza posible doutras especies, en particular rebolo e carballo.

Obxectivo:

Multiproducción de sobreirais en monte alto: cortiza, pastoreo extensivo, aproveitamentos cinexéticos e micolóxicos, madeira.

Distritos preferentes de aplicación:

Aqueles con presenza de sobreirais, en particular XVI, XVII e XVIII (Pontevedra), XI, XII e XIII (Ourense) e VIII (Lugo).

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Variables segundo a idade, evolucionando desde 2.000-2.500 pés/ha para monte bravo, pasando por 450-500 pés/ha no momento do primeiro descortizado, con densidades de 125-150 pés/ha para formacións maduras con diámetros medios > 45 cm. Manter área basimétrica de 25 m2/ha.

En plantacións para produción de cortiza, densidade de 300-400 pes/ha, deixando separación entre liñas mínima de 3,5 metros.

Mantementos

Control da vexetación de subpiso que poida supoñer risco de incendio, ben mediante o manexo de gando ou por medios mecánicos. Será conveniente a apertura mecanizada de faixas de roza de 3 m de largo cada 25 m.

Tratamentos silvícolas

Resalveo de conversión

Sobre tallares (montes baixos) procedentes de rexeneración tras incendio, aplicaranse resalveos de conversión a alto fuste sobre cepas.

Podas

Poda baixa subindo en 3 intervencións a altura total podada a 2,5-3 m libre de ramas para facilitar descortizado. Limparase o fuste sen afectar moito a superficie foliar (non máis de 2/3 do fuste). Evitarase a poda de ramas grosas, intervindo a tempo e evitando podar árbores adultas. Non se podarán pés nos 3 anos anteriores e posteriores ao momento de pela.

Rareas

Intervencións sucesivas de rareas dende os 25 anos, asegurando a redución de densidades antes indicada e, especialmente, promovendo o crecemento diametral no intervalo de idade de 25 a 40 anos, o que asegurará bos calibres de cortiza.

Aproveitamento das leñas ou tratamento de restos conforme á lexislación vixente.

Descortizados

Primeiro descortizado de bornizo con circunferencia > 60 cm e altura de descortizado de dúas veces a circunferencia.

Descortizados sucesivos (segundeiros e de reprodución) ata alturas de 2,5 veces a circunferencia, sen superar nunca 3 m de altura de pela. Período mínimo de 9 anos entre dous descortizados.

Seguiranse as prescricións de descortizado recollidas na lexislación vixente.

Cortas de rexeneración e conservación de hábitats

Conservación de hábitats

Asegurarase a conservación dos valores ecosistémicos e ambientais e da diversidade. Dentro de Rede Natura 2000, estarase ao indicado no seu plan director.

Idade de corta

Esquema compatible con estruturas tanto regulares como irregulares, polo que non cabe falar de quenda estritamente. Tras o subciclo de produción (sucesivas quendas de descortizado) iranse substituíndo os pés que deixen de producir cortiza de calidade.

Métodos de corta

Renovación progresiva do sobreiral sempre mediante cortas parciais, ben de entresaca ou de rareo sucesivo. O obxectivo será a rexeneración por landra. En formacións regulares resulta preferible que o período de rexeneración coincida coa quenda de descortizado.

Modelo silvícola

BC1

Especie principal:

Betula celtiberica Rothm & Vasc, aplicable a formacións mixtas con piñeiros ou outras frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Madeira para serra e chapa. 250 pés/ha de calidade.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Densidade de plantación recomendable entre 1.100-1.600 plantas/ha en función da calidade de estación. Pódense aceptar densidades menores (en torno
a 800-850 plantas/ha) condicionando unha maior intensidade silvícola. Recomendable rega e preparación de escavas. Modelo aplicable en bidueirais de rexeneración natural.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

En plantación, reposición de marras posible os dous primeiros anos e rozas totais.

Mecanizado (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas.

Opcional utilización de aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual, e sempre consonte a lexislación.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación e podas

Faranse podas de formación a partir do segundo ano e ata os seis anos, acadando 6 m de fuste recto.

Poda baixa cando as árbores acaden os 6 m de altura, ata 2,5-3 m.

Poda alta opcional sobre os mellores 300 pés/ha, ata 5,5-6 m.

Desmestas

En función da densidade inicial poden ser necesarias ou non. De tratarse de rexeneración natural intervir precozmente para levar a densidade
a 1600-1.300 pés/ha como máximo, aos 3-5 anos.

Tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

A primeira rarea, polo baixo, recoméndase aos 10-15 anos eliminando unha terceira parte do arborado.

Selección de árbores de porvir (300 pés/ha) que coincidirá coa segunda rarea. Buscar distanciamentos de 6 m entre pés aproximadamente e prioridade ao criterio de boa conformación da árbore.

Terceira rarea e última aos 25 anos, quedando en pé os 250-300 pés/ha destinados á corta final ou de rexeneración.

Recoméndase respectar arborado doutras frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con piñeiros, priorizar o bidueiro como especie principal.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

35-45 anos, segundo calidades de estación. Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios.

Métodos de corta

Corta a feito en dous tempos ou de rareo sucesivo. Posible corta a feito por faixas e bosquetes nos distritos máis setentrionais.

Modelo silvícola

PA1

Especie principal:

Prunus avium L., aplicable a formacións mixtas con piñeiros ou outras frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Madeira para serra e chapa. 100-150 pés de calidade.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Densidade de plantación recomendable entre 1.100-1.600 plantas/ha en función da calidade do terreo. Pódense aceptar densidades menores (en torno a
800-850 plantas/ha) condicionada a unha maior intensidade silvícola ou incluso de 400 plantas/ha no caso de introducir material cualificado de alta calidade (cualificado ou controlado). Recomendable rega e preparación de escavas.

Evitar plantacións monoespecíficas extensas pola súa sensibilidade a enfermidades. É posible mesturalo con coníferas (dado o seu rápido crecemento inicial) ou con outras frondosas, debendo preferirse as que teñan unha similar pauta de desenvolvemento.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total o primeiro ano.

A intensidade de coidados de mantemento será necesariamente alta, con aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual e rozas frecuentes, estes últimos mecanizados (se é posible) entre liñas de plantación e manual nas plantas.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación e podas

Faranse podas de formación a partir do segundo ano e ata os sete anos, buscando 6 m de fuste recto. Preselección de 250-300 pés/ha.

Poda baixa ata 2,5-3 m entre os 8-15 anos cando as árbores acaden os 6 m de altura.

Poda alta sobre os mellores 200 pés/ha, ata 5,5-6 m de altura.

Desmestas

En función da densidade inicial poden ser necesarios ou non. De ser necesario farase aos 10 anos deixando unha densidade final de 500-600 pés/ha. Tratamento axeitado dos restos ou retirada para aproveitamento.

Recoméndase respectar arborado doutras frondosas autóctonas nas desmestas. En masas mixtas con piñeiros, priorizar a cerdeira como especie principal.

Rareas

A primeira rarea recoméndase aos 15-20 anos eliminando unha terceira parte do arborado deixando uns 250-300 pés/ha (preseleccionados na talla de formación). Será unha rarea polo baixo.

A rotación de rareas será cada 5 a 7 anos até os 35-40 anos e perseguirán un fuste limpo duns 8-10 m nas árbores de porvir seleccionadas (100-150 pés/ha) con copa equilibrada e desenvolvida, para o que se requiren rareas vigorosas.

Aconsellable entre a última rarea e as cortas de rexeneración que pasen entre 7-10 anos para favorecer a duraminización do tronco nas árbores destinadas á produción de chapa.

Alternativamente poderase modificar este modelo cunha derradeira rarea aos 45 anos até deixar uns 70-90 pés/ha, debendo nestes casos alongar a quenda de corta até os 55 anos.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

40-50 anos, segundo calidades de estación. Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios.

Métodos de corta

Cortas de rexeneración atendendo á superficie ocupada pola cerdeira e as especies adicionais presentes. Evitar cortas a feito nos distritos meridionais.

Modelo silvícola

CS1

Especie principal:

Castanea sativa Miller (altitude > 550 m) ou Castanea x hybrida (altitudes menores), aplicable a formacións mixtas con piñeiros ou outras frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Madeira para serra e chapa. 200-250 pés/ha de calidade en corta final.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Plantación de alta densidade para madeira: 815-1.430 pés/ha (3,5 × 2 m; 3,5 × 3 m; 3,5 × 3,5 m e 4 × 2 m). Deixar 3,5 m nunha das direccións para mecanizar.

Plantacións de baixa densidade para madeira: 400-625 pés/ha (5 × 5 m a 4 × 4 m). Esixe o uso de material de excelente calidade xenética e morfolóxica (seleccionado en Castanea sativa e controlado en Castanea hybrida). Emprego preferente de variedades ou clons resistentes á avespiña.

Recomendable rega e preparación de escavas. Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Mantementos

Reposición de marras e roza total o primeiro ano tras plantación. Mecanizado entre liñas de plantación e manual nas plantas.

Aboado (N,P,K) baixo en nitróxeno de liberación gradual.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación

Podas de formación buscando formar fuste continuo e vertical, a partir dos 2 anos ata os 6-7 anos, buscando 6 m de fuste recto, actuando repetidamente cada 2 ou 3 anos.

Posible formar mediante poda só os pés de máis calidade (400 pés/ha de boa conformación). Absolutamente necesaria en plantacións de baixa densidade (5 × 5 m a 4 × 4 m).

Moi importante desinfección de ferramenta entre árbores. Cortes limpos e moi aconsellable uso de seladores (todas estas actuacións destinadas a evitar ataque do chancro).

Poda baixa de todos os pés ata 2,5-3 m, poda alta a 6 m de 250 pés/ha.

Desmestas

Optativo. Baixar a densidade a 600-800 árbores/ha, a realizar só se se parte de alta densidade. Aos 8-12 anos.

Tratamento de restos de desmestas/podas por trituración, esparexido ou retirada para aproveitamento, segundo lexislación vixente, no 50 % das entreliñas.

Rareas

Primeira rarea, con selección de 250 árbores/ha, temperán (13-16 anos) se non se fixo desmesta, para favorecer crecemento diametral. Con desmesta previa, farase aos 18-20 anos (deixando 370 árbores/ha). Obtense madeira para estacas ou trituración.

2-3 rareas máis, con periodicidade de 7-8 anos, obténdose madeira serrable de pequena dimensión (primeiras rareas ou segundas), e serradura e ebanistería (segundas rareas en adiante), con tendencia a densidade final de 200 a 250 pés/ha.

Recoméndase respectar arborado doutras frondosas autóctonas nas rareas. En masas mixtas con piñeiros, priorizar o castiñeiro como especie principal.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

30-60 anos, dependendo da calidade de estación e do diámetro obxectivo. Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios.

Métodos de corta

A feito. Rexeneración en bravádegos de monte baixo. Posibilidade de utilización combinada de plantas de semente e resalvos como forma de rexeneración.

Modelo frutícola

CS2

Especie:

Castanea sativa Miller (altitude > 550 m.) ou Castanea x hybrida enxertada (altitudes menores)

Obxectivo:

Produción froiteira en novas plantacións.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais. Preferentemente aqueles que coincidan coa indicación xeográfica protexida castaña de Galicia, na actualidade:

• Todos os da provincia de Ourense.

• Todos os da provincia de Lugo agás os termos municipais do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo pertencentes ao Distrito VI.

• Na provincia de Pontevedra o Distrito XVI e os termos municipais de Cotobade, A Lama, Campo Lameiro e Cuntis pertencentes ao Distrito XIX.

• Na provincia da Coruña os termos municipais de Boimorto, Melide, Santiso, Sobrado, Toques e Arzúa pertencentes ao Distrito III.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Plantacións para froito: 50-100 pés/ha (10 × 10 m a 14 × 14 m), sendo admisible baixar ata 7 × 7 m en áreas de montaña máis setentrionais. Material de calidade xenética e morfolóxica, patrón (usualmente híbrido) enxertado con púa (C. sativa) de variedade de alta calidade para froito (aconsellable monovarietal ou bivarietal con polinizadores).

Patrón: usar material cualificado ou controlado no caso de clons híbridos de castiñeiro dos campos de plantas nai rexistrados.

Para altitudes menores de 550 m obrigado uso de castiñeiro híbrido (resistencia fronte a tinta). Altitudes maiores aconsellable castiñeiro silvestre.

Recomendable rega e preparación de escavas. Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Variedades

Púa: as variedades recomendables de C. Sativa a enxertar no caso de que o patrón sexa un híbrido ou directamente no caso de plantas de castiñeiro silvestre son: amarelante, famosa, garrida, longal, de parede, ventura e xudía, así como as de boa aptitude como polinizador: negral, picona, serodia e rapada.

Mantementos

Reposición de marras e roza total os dous primeiros anos. Mecanizado entre liñas de plantación e manual nas plantas, ou químico consonte lexislación. Aconsellable rego e abono de liberación gradual (2-3 pastillas por planta 4/14/14 + 10 CaO), así como granulado, tamén de liberación gradual (50 gr/planta 11/22/9 + 6 MgO), ou mesmo a combinación de 100 gr/planta de P2O5 e 40 gr/planta de K2O en forma de fosfatos naturais e sulfato potásico, respectivamente.

Tratamentos silvícolas

Podas

Podas de formación buscando formar fuste con moitas polas, con ampla copa. A comezar aos 7-9 anos, e continuar cada 5 ou 6 anos ata conseguir obter unha cruz baixa entre 3-6 m e unha copa moi aberta cunha grande ramificación.

Grande importancia nas medidas de prevención fitosanitaria. Practicar no verán (aconsellable mes de xullo).

Necesaria desinfección minuciosa das ferramentas de poda e selado tras o corte.

Desmestas

-

Rareas

-

Modelo silvofrutícola

CS3

Especie principal:

Castanea sativa Miller, aplicable a formacións mixtas con outras frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Produción de froito ou mixta froito-madeira en soutos tradicionais.

Distritos preferentes de aplicación:

Aqueles con presenza de soutos vellos de castiñeiro, en particular VII e VIII (Lugo) e XIII, XIV e XV (Ourense). Modelo orientado á xestión de soutos tradicionais con obxectivo principal de produción de froito, incluíndo actuacións de mantemento, mellora e restauración.

Rexeneración

Recollidas

Asegurar a recollida efectiva da colleita de castaña para evitar que se complete o ciclo de perforadores.

Mantemento

Control da vexetación de subpiso que poida supoñer risco de incendio, de modo que se facilite a recollida. Empregaranse, se as condicións o permiten, medios mecánicos. Control de rexeneración doutras especies que non contribúan ao aproveitamento principal.

Aproveitamentos complementarios

Compatibilidade con aproveitamento micolóxico e gandeiro, en especial coa retirada da folla desfrondada.

Tratamentos silvícolas

Podas

Poda de renovación de copas eliminando ramas envellecidas (que poderán supoñer aproveitamento madeireiro) e de baixa produción de castaña. Renovación de copa progresiva (cada 10 anos, renovando por completo cada 30), evitando descabezar toda a árbore. Selección posterior de brotes ou re-enxertado da mesma variedade ou variedade alternativa. Poda de brotes bravos por baixo do enxerto.

Rexeneración e enxertado

Substitución de pés moi envellecidos e de escaso vigor mediante recepas, replantación ou substitución por planta de semente de rexeneración natural. Enxertado dos brotes ou plantas de semente con variedades tradicionais.

Recuperación ou restauración

Intervencións de recuperación en soutos abandonados, consistentes en corta de arboredo doutras especies, roza, eliminación de brotes de castiñeiro bravo, poda de ramas envellecidas, equilibrado de copas, selección de brotes e replantacións.

Control sanitario

Seguimento e control de problemas sanitarios, en particular de chancro, perforadores de castaña e avespiña.

Modelo silvícola

PCA (populicultura en solos acedos)

Especie:

Populus spp., en particular Populus × interamericana.

Obxectivo:

Produción de madeira apta para o desenrolamento.

Distritos preferentes de aplicación:

Depresións de Lemos, A Limia, Verín e Terra Cha. Distritos X, IX, VIII (Lugo), XIII, XIV e XV (Ourense). Alternativa produtiva en terreos agrícolas en abandono, cumprindo coa lexislación vixente. Orientado á produción de madeira de calidade con xestión intensiva. Compatible con pastoreo ou cultivo agrícola durante os 5 primeiros anos.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Clons de Populus × interamericana, en particular Raspalje ou Unal. Posibles outros clons resistentes a solos acedos e con madeira de aptitude contrastada para o desenrolamento.

Marco de 6 × 6 m, densidade de plantación de 278 varetas/ha. Material en varetas de 2 zumes, de 4 a 5 m, a plantar a raíz profunda.

Recomendable uso de retroescavadora de eirugas con xiro de cabina 360º, plantación simultánea das varetas a profundidade dependente de nivel de capa freática en setembro, 2 m a modo indicativo.

Estacións de fondo de val, de vocación agrícola. Capa freática oscilante entre 0,5 e 3 m ao longo do ano, con bo nivel de fertilidade natural, texturas ben compensadas e nivel de acidez reducido.

Fertilización de implantación a feito en superficie, segundo necesidades do solo.

Mantementos

Reposición de varetas mortas o primeiro ano. Rozas ou gradeo superficial, anuais ata os 6 anos, cada dous anos de 6 a 16 anos. Posible roza química consonte á lexislación.

Tratamento fitosanitario contra Melasoma populi en anos 1 e 2, aplicación anual por triplicado. Seguimento fitosanitario en detalle.

Tratamentos silvícolas

Podas

Podas reiteradas nos anos 3, 4, 5, 6 ou 7, con suba de 2 m da altura podada en cada intervención, alcanzando unha altura total podada de 10 m (2 toradas podadas de 5 m). As podas de 6 a 10 m requiren o uso de plataformas elevadoras. Alternativamente, pode podarse a 6 m con serrón ou tesoira sobre pértega, asegurando unha primeira torada podada de 5 m.

Podas de formación

Poda de formación no ano 2, eliminando galladuras e ramas moi grosas ou de tendencia vertical.

Rareas

Non.

Corta final

Idade de corta

A quenda de 14-18 anos, sobre todos os pés plantados agás aqueles que sufriran mortalidade natural.

Produtividade media daría diámetros obxectivo de 30 a 35 cm, con alturas de 25 m, volumes de árbore individual de 0,75 m3, volume total aproveitable de 200 m3/ha, crecemento medio > 12 m3/ha año.

Máis do 75 % do volume obtido corresponde ás dúas primeiras toradas de 5 m, destinadas a desenrolamento. 25 % del volume con destino a taboleiros ou biomasa. Restos de corta de 30 ton verdes/ha aproveitables como biomasa de uso industrial.

Métodos de corta

Corta a feito seguida de repoboación ou ben reutilización da parcela a actividades agrogandeiras, previa comunicación ou autorización de cambio de actividade.

Modelo silvícola

PFMV (produción de frondosas de madeira valiosa)

Especies:

Juglans regia, Juglans nigra, nogueira híbrida, Prunus avium, Fraxinus excelsior, Acer pseudoplatanus, Quercus rubra, en forma de plantacións puras ou mesturadas.

Obxectivo:

Produción de madeira apta para chapa plana e desenrolamento.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais. Alternativa produtiva en terreos agrícolas en abandono, cumprindo coa lexislación vixente. Orientado a produción de madeira de alta calidade con necesidade de xestión intensiva. Compatible con pastoreo o cultivo agrícola durante os 5 primeiros anos.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Marcos de 5 × 5 a 6 × 6 m, pés de 2 a 3 zumes sempre procedentes de mellora xenética. Seleccionados ou, preferiblemente, cualificados ou controlados. Prestarase especial atención aos clons de cerdeira, nogueira e castiñeiro orientados á produción madeireira e dispoñible no catálogo de materiais de base e obtidos en parte polo CIF Lourizán.

Labra plena e furado posterior de 80 × 80 × 80 cm. Fertilización de implantación a feito en superficie, segundo necesidades do chan. Recomendable uso de malla antiherbas. Instalación de protectores individuais ou peche da parcela, no caso de presenza de gando ou fauna. Escava dispoñible para futuras regas.

Mantementos

Reposición de marras o primeiro ano. Rozas anuais durante os 5 primeiros anos, por trituración ou gradeo superficial, posteriormente cada dous anos. Compatibilización con gando reduciría necesidades de roza. Posible roza química consonte á lexislación.

Seguimento fitosanitario, en particular de perforadores de talo.

Rega durante os 3 primeiros veráns, completando dose de 200 litros/planta.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación

Podas de formación a aplicar cada dous anos aos 2, 4 e 6 anos, eliminando galladuras, ramas laterais con tendencia a engrosar e ramas moi verticais.

Podas en sentido estrito comezarán cun diámetro normal de 8 cm, levantando a poda ata 5,5-6 m en 2-3 intervencións.

Desmestas

Unha única intervención, deixando a densidade definitiva.

Rareas

Non.

Corta final de rexeneración

Idade de corta

Quendas de 40 a 60 anos (menor quenda en mellor calidade de estación). Diámetros obxectivo de 35 cm, fustes rectos e toradas basais ata 6 m sen defectos, con alturas de 25 m, volumes de árbore individual de 1 m3, crecemento medio de 6 a 10 m3/ha año.

Métodos de corta

Corta a feito seguida de repoboación ou ben reutilización da parcela a actividades agrogandeiras, previa comunicación ou autorización de cambio de actividade.

Modelo silvícola

PF1

Especies:

Xénero Pinus.

Obxectivo:

Produción multifuncional: micosilvícola de fungos e de madeira.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Variable en función das especies empregadas na plantación (1.000-1.500 pés/ha). Deixarase unha separación de 3 ou 3,5 m entre liñas co fin de permitir a mecanización dos traballos silvícolas.

> 3.000 plantas/ha en sementeira ou rexeneración natural.

Recoméndase o emprego de planta micorrizada con especies de fungos que aseguren unha boa implantación da especie forestal.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Aproveitamento sucesivo dos fungos comestibles que se produzan, con posibilidades de acoutamento e cumprindo o indicado na lexislación vixente.

Mantementos

Unha roza mecanizada ou manual durante a idade de repoboado e outra na clase de idade de monte bravo. No caso de ser manual os restos deberán amorearse en cordóns ou retirarse do monte.

Poderán realizarse rozas adicionais cando se considere oportuno co fin de facilitar a produción e recollida dos fungos e reducir o risco de incendio forestal.

Recomendable o mantemento da vexetación mediante pastoreo, polo seu efecto favorable na produción e visibilidade dos fungos, evitando cargas excesivas.

Tratamentos silvícolas

Podas

Unha poda baixa (2,5-3 m) cando o diámetro normal medio estea en torno aos 10 cm, co fin de reducir o risco de incendios e favorecer o acceso á masa. Recoméndase a realización dunha poda alta nos pés que van chegar á corta final.

Desmestas

En masas que proveñen de rexeneración natural realizarase unha desmesta na idade de repoboado ou monte bravo co fin de acadar unha densidade entre 1.000 e 1.500 pés/ha. Recoméndase respectar algúns pés de frondosas caducifolias autóctonas.

Rareas

Dous ou tres rareas de intensidade baixa ou moderada (ata 15 m2/ha de área basimétrica), mantendo unha densidade que asegure o vigor da masa principal de piñeiros. Recoméndase respectar algúns pés de frondosas caducifolias autóctonas e chegar a unha densidade previa ás cortas de rexeneración entre 300 e 500 pés/ha.

Posibilidade de micorrización de masas establecidas.

Cortas de rexeneración

Idade de corta

A quenda da especie principal da masa, priorizando quendas longas.

Métodos de corta

Cortas por rareo sucesivo uniforme, por faixas ou por bosquetes. Poderase manter arborado adulto para prolongar a produción de fungos micorrícicos de etapas avanzadas.

Modelo silvícola

PF2

Especies:

Xén. Quercus spp. e Castanea spp., preferentemente, aplicable a formacións mixtas de frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Produción multifuncional: micosilvícola de fungos e de madeira.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Variable en función das especies empregadas na plantación. Deixarase unha separación de 3 ou 3,5 m entre liñas co fin de permitir a mecanización dos traballos silvícolas.

> 3.000 plantas/ha en sementeira ou rexeneración natural.

Recoméndase o emprego de planta micorrizada con especies de fungos que aseguren unha boa implantación da especie forestal.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Aproveitamento sucesivo dos fungos comestibles que se produzan, con posibilidades de acoutamento e cumprindo o indicado na lexislación vixente.

Mantementos

Unha roza mecanizada ou manual durante a idade de repoboado e outra na clase de idade de monte bravo. No caso de ser manual os restos deberán amorearse en cordóns ou retirarse do monte.

Poderán realizarse rozas adicionais cando se considere oportuno co fin de aumentar a produción e facilitar a recollida dos fungos ou reducir o risco de incendio forestal.

Recomendable o mantemento da vexetación mediante pastoreo, polo seu efecto favorable na produción e visibilidade dos fungos, evitando cargas excesivas.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación ou podas

Podas de formación e/ou poda (até un mínimo de 2 m) co fin de reducir o risco de incendios e favorecer o acceso á masa. Recoméndase a realización dunha poda alta nos pés que van a chegar a corta final.

Desmestas

En masas que proveñen de rexeneración natural realizarase unha desmesta na idade de repoboado ou monte bravo co fin de acadar unha densidade entre 1.000 e 1.500 pés/ha. Recoméndase respectar algúns pés doutras especies de frondosas caducifolias autóctonas diferentes da especie principal, dando preferencia aos xéneros Quercus e Castanea.

Rareas

De 3 a 6 rareas de intensidade baixa ou moderada, o número de rareas adecuarase á/s especie/s elixida/s, mantendo unha densidade que asegure o vigor da masa principal de frondosas. Recoméndase respectar algúns pés doutras especies de frondosas caducifolias autóctonas e chegar a unha densidade previa ás cortas de rexeneración entre 300 e 500 pés/ha.

Posibilidade de micorrización de masas establecidas.

Cortas de rexeneración

Idade de corta

A quenda da especie principal da masa, priorizando quendas longas.

Métodos de corta

Cortas por rareo sucesivo uniforme, por faixas ou por bosquetes. Poderase manter arborado adulto para prolongar a produción de fungos micorrícicos de etapas avanzadas.

Modelo silvopascícola

SS1

Especie:

Sistema silvopastoril.

Obxectivo:

Produción multifuncional de pastos e madeira. Aplicación preferente de pastoreo rotacional con tempos de ocupación e repouso elevados, posible aplicación en extensivo.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais, agás no caso de que se opte por Eucalyptus spp. sendo de aplicación preferente aos distritos establecidos nos correspondentes modelos de cada especie.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Marcos amplos para asegurar produción de pasto, 5 m × 4 m, 5 m × 5 m, 6 m × 5 m, que son 500, 400 e 333 plantas/ha respectivamente.

Cumprimento das distancias mínimas establecidas no anexo II da Lei 7/2012.

Especies forestais

Todas as especies forestais, sendo recomendables aquelas de copa máis clara e que favorezan o crecemento do pasto natural no sotobosque.

Aconsellable coas masas de cerquiño (Q. pyrenaica, L.) para o establecemento de sistemas amontados.

Montes con aplicación deste modelo integraranse no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo.

Implantación pasteiro

Recoméndase tras a roza, unha cava ou desfonde, dobre pase de grada de discos ou fresado, encalado (2.000-3.000 quilogramos de caliza/ha), fertilización (NPK doses < 300 kg/ha), sementeira (mestura dactilo 30 kg/ha, raigrás 10 kg/ha e trevo 4 kg/ha) e opcionalmente finalizar con pase de rulo.

Plantación (se for necesaria): de forma xeral furado mecánico, preferible dous meses antes da plantación.

Tipo de gando

Caprino: controla silvas, brotes tenros de toxo, carqueixas, queirogas e xestas. Non come plantas de eucalipto pero si de conífera e o resto de frondosas.

Equino: controla ben os toxos, xestas e gramíneas, regular para queirogas e silvas. Compatible con eucaliptos ocasionando leves danos por pisoteo e rozamento.

Ovino: controla brotes tenros de toxos e queirogas pequenas. Non axeitado para control de matogueira leñosa.

Vacún: controla brotes tenros de carqueixa, queirogas pequenas e gramíneas. Non axeitado para control de toxo, silva ou xesta. Come conífera e frondosas caducifolias e pode provocar danos mecánicos por pisoteo e rozamento.

Porcino: aproveitamento de porco celta alimentado con castaña ou landra incluiríase neste modelo, xunto coas especificidades de mantemento e manexo da piara.

Mantementos

Para gando maior recomendable empregar estacas de 2,20 m de lonxitude e diámetro mínimo de 12 cm, de eucalipto ou piñeiro, cunha separación de 4 m. Para cabras e ovellas aconséllase cercas con malla de arame galvanizado, de 93 cm de altura, colocando 2 ou 3 fíos de arames por enriba. Para gando maior (cabalos e vacas) é suficiente unha cerca con 4 ou 5 fíos de arame. Revisión e mantemento dos cerramentos.

Tratamentos para o manexo do gando

Rotación

Tempo indicativo de ocupación de cada subparcela un mes, tempo de repouso de tres meses (dependerá de produtividade). Evitar ou non utilizar na rotación parcelas con repoboados novos (sempre tendo en conta a especie forestal e o tipo de gando).

Carga xeral

Dun modo xeral, para controlar mato en repoboacións forestais adultas de Galicia, 1-2 unidades de gando menor (cabras) por ha e 1 unidade de gando maior (cabalo) por cada 2-4 ha.

Cargas instantáneas

Importante manexar cargas instantáneas ou puntuais elevadas para que o control da matogueira sexa máis efectivo en determinadas épocas do ano. Aconséllanse 4-8 unidades de gando menor (cabras) por ha e 2-3 unidades de gando maior (cabalos) por cada 2-4 ha.

Silvicultura

Consultar modelo silvícola correspondente á especie arbórea principal. Ter en conta o efecto da luz e, polo tanto, do comezo e ciclo de podas. De forma xeral non necesitan desmestas e rareas, agás cortas de policía (de ser o caso).

Modelo pascícola

SP (xestión de montes desarborados para aproveitamento pastoral).

Especie:

Formacións de matogueira (breixeiras, uceiras, carqueixal, toxeiras, xesteiras e as súas mesturas) e de pastos naturais ou pasteiros en monte.

Obxectivo:

Produción de pasto para gandería extensiva de carne e conservación dos hábitats de matogueira.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais. Aproveitamento regulado por gando en réxime extensivo de terreos forestais desarborados, aplicando as técnicas da praticultura e fruticeticultura.

Rexeneración

Especies forestais

Modelo orientado á xestión de montes desarborados mediante un aproveitamento principal por gando vacún, equino, ovino ou caprino. Complementa ao modelo SS1 naqueles casos en que non interese ou non sexa viable ou rendible a presenza de arborado.

Montes con aplicación deste modelo integraranse no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo.

Coberturas

Para a primeira introdución de gando serán necesarios tratamentos de queima controlada, roza por trituración ou esmagamento, introducindo cargas elevadas.

A cobertura de matogueira manterase por baixo do 40 % (admisible 50 % en uceiras) manexando a carga de gando e os tratamentos de mellora.

Gando recomendable segundo formacións

O control de toxo, xesta e silvas só se consegue por gando lignívoro. Introdución posterior de vacas e ovellas. Cabalos e/ou cabras para toxeiras e xesteiras. Vaca e/ou cabra para carqueixal. Todos os tipos de gando para breixeira-queirogal e en fenteiras.

Cargas iniciais de gando

Recomendable introducir gando lignívoro para un mellor control inicial de especies leñosas. Equivalencia aproximada de cargas para razas galegas: 1 vaca = 1,5 cabalos = 8 cabras = 10 ovellas. Carga inicial de 1 cabalo/ha (breixeira), 1,5 vacas/ha (carqueixal) ou 2 cabalos /ha (toxeiras e xesteiras) ou os seus equivalentes.

Cargas posteriores á introdución

Carga anuais de 0,25 cabalos/ha (breixeira), 0,2 vacas/ha (carqueixal) ou
0,3 cabalos /ha (toxeiras e xesteiras) ou os seus equivalentes noutros tipos de gando compatible coa vexetación.

Técnicas de mellora e manexo do gando

Plan director Rede Natura 2000

Na Rede Natura 2000, avaliarase o estado de conservación dos hábitats e estarase ao establecido no seu plan director.

Melloras do pasto

Imprescindibles para unha mellora sucesiva da calidade pascícola e non depender de queimas de grandes extensións. Rozas e manexo do gando para aumentar progresivamente a cobertura e calidade de pasto. Sementeira de pratenses, emendas e fertilizacións. Posible sementeira sen labra.

Manexo do gando

Posible aplicación de pastoreo extensivo continuo e libre, pero preferiblemente pastoreo rotacional con tempos de ocupación e repouso altos. Necesidade de establecer cercados e pasos. Manexo de cada tipo de gando de acordo cos seus requirimentos: refuxios, coidados veterinarios.

Reforzo de alimentación

Recomendable de forma distribuída para evitar compactado e reducir risco de predación por grandes carnívoros. Aplicación recomendada de alimentación de reforzo en zonas con matogueira alta e de difícil acceso para a maquinaria, para reducir a carga de matogueira por piso.

Fomento de empradizamiento

Preferentemente empregar rozadoira de martelos. Rotar tipo de gando para mellor control de especies de matogueira. Emprego de silo en reforzos de alimentación, que achega sementes de pratenses.

Queimas prescritas

Sempre mediante solicitude de queima, aplicando as técnicas de ignición que se consideren máis axeitadas, a concentrar nos 3 primeiros meses do ano, e coas medidas de seguridade que se establezan. As superficies máximas e condicións de queima atenderán á normativa específica.

Implantación e manexo de pasteiros

En áreas mecanizables mediante roza, labra, encalado, fertilización, sementa de mestura de pratenses e compactado con rodete. Aplicarase a opción da mínima labra en condicións pouco favorable para a labra completa. Aproveitamento con carga suficiente para evitar a invasión polo mato.

Modelo silvícola

SEF (silvicultura de enriquecemento de frondosas).

Especie:

Formacións de frondosas, en particular as masas consolidadas de frondosas autóctonas, e outras formacións de frondosas.

Obxectivo:

Realizar unha silvicultura de enriquecemento que permita un aproveitamento comercial de produtos demandados pola industria sobre formacións inicialmente de escaso valor económico.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Formacións de frondosas consolidadas pero con carencia de intervención silvícolas previas e falta de potencial comercial futuro do arborado presente, pero capaces de albergar plantacións de especies de madeira valiosa: cerdeira, pradairo, freixo ou mesmo nogueira, aproveitando o acompañamento lateral xa existente.

Rexeneración

Marco e densidade de plantación

Procurarase asegurar a presenza de 200 árbores de posible uso comercial por ha, que deriven tanto de plantación de enriquecemento como (posiblemente) do propio arboredo preexistente, que provirá de rexeneración natural.

O material vexetal para plantación de enriquecemento será seleccionado ou, preferiblemente, cualificado e controlado. Prestarase especial atención á cerdeira, nogueira, castiñeiro ou carballo americano orientados á produción madeireira e dispoñibles no catálogo de materiais de base.

Arborado de acompañamento

Adicionalmente, traballarase sobre árbores de acompañamento, en densidade de 3.000 a 1.200 pés/ha en idade previa ás primeiras rareas. As rareas suporán a súa retirada sucesiva, para deixar unicamente 200 pés/ha nas cortas de rexeneración.

Mantementos

Rozas activas, con mantemento das faixas abertas (unha faixa de 3 m de largura cada 20 m), roza manual ao redor do arborado de porvir e roza perimetral para reducir o risco de incendio.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación e podas

Realizaranse podas de formación en anos sucesivos sobre o arboredo de porvir. As podas baixas comezarán cun diámetro normal medio de 8-10 cm. Subiranse sucesivamente as podas ata 5,5-6 m en tres intervencións, con subida de poda de 2 m, asegurando que a altura á que se chega podando non supera nunca a metade da altura total da árbore.

Desmestas

Unha primeira desmesta en idade de monte bravo, con selección de pés de porvir e apertura de faixas (unha faixa de 3 m de largo cada 20 m), apertura de ocos de plantación (4 × 4 m) e preparación de buracos de 80×80×80 cm con minirretro, plantando posteriormente pés de 3 zumes de materiais de alta calidade xenética de cerdeira, castiñeiro híbrido, freixo, pradairo, carballo ou nogueira.

Desmestas sucesivas asegurando limitar a competencia sobre as árbores de porvir, mantendo a cuberta forestal lateral do arboredo de acompañamento.

Rareas

Rareas comerciais sobre arboredo de acompañamento, sen superar un peso do 30 % da área basimétrica, previndo a saída de chupóns no arboredo de porvir e asegurando unha sombra lateral deses fustes.

Número total de 3-4 rareas, a comezar aos 25 anos, que producirán leñas, madeira para taboleiro e, progresivamente, madeira apta para serradura.

Cortas de rexeneración

Idade de corta

Variable segundo as especies de porvir e as estacións. 40 anos con predominio de cerdeira e castiñeiro en boas estacións, 60 ou mesmo 80 anos no resto dos casos. Priorizar quendas longas para manter modelos de combustible de frouma baixo arborado como estratexia preventiva de incendios.

Métodos de corta

A deseñar segundo os tamaños de rodal existentes, variables desde cortas por bosquetes de 1-2 ha, cortas a feito en dous tempos ou rareo sucesivo. Manterase un certo número de árbores vellas e mortas.

Modelo silvícola

SPN (silvicultura próxima á natureza).

Especie:

Masas (principalmente xénero Quercus spp.) consolidadas de frondosas autóctonas e outras formacións de frondosas.

Obxectivo:

Persistencia, produción múltiple e conservación da biodiversidade en masas consolidadas de frondosas autóctonas mediante silvicultura próxima á natureza.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Formacións de frondosas capitalizadas e con arborado de potencial comercial presente ou futuro.

Rexeneración

Densidades

Formacións procedentes de rexeneración natural (> 3.000 plantas/ha nos bosquetes en rexeneración). Arborado adulto de densidade e fenotipos axeitados para dar lugar a produtos comercializables sen necesidade de intervencións de enriquecemento. Método de beneficio de monte alto.

Mantemento

Rozas selectivas nos bosquetes en rexeneración, a modo de axuda á rexeneración natural ata a etapa de monte bravo. Rozas perimetrais con zonas de matogueira para facilitar rexeneración e reducir o risco de incendio forestal.

En estados de bastío e alto fuste, evitarase a redución de diversidade do sotobosque por aplicación de roza, salvo rozas de especies heliófilas en áreas de ecotono con matogueiras.

Tratamentos silvícolas

Podas

En xeral non serán necesarias. Posible aplicación de poda de formación, poda baixa e poda alta ata 5 m dun número reducido de árbores/ha.

Cortas de mellora e de rexeneración

As intervencións serán de mellora e rexeneración ao mesmo tempo (sistema selectivo ou de entresaca por grupos ou bosquetes). Rotación de cortas de 5 a 10 anos, actuarase simultaneamente en todas as clases de idade da masa. Peso de cada intervención inferior ao 20 % dos pés inventariables.

Reserva sen apeo de pés sementeiros, de gran copa e bo fenotipo, representando todas as especies de interese, para asegurar a rexeneración continua.

Cortas de rexeneración e conservación de hábitats

Conservación de hábitats

Asegurarase a conservación dos valores ecosistémicos e ambientais e da diversidade. Dentro de Rede Natura 2000, estarase ao indicado no seu plan director.

Idade de corta

Non é necesario fixar unha quenda por non buscarse un sistema de xestión rotacional, senón de cuberta forestal continua. Reservaranse árbores á corta, distribuídos tanto individualmente como en grupos.

Cortas de rexeneración

Entresaca por grupos de pés ou por bosquetes, que manteña unha estrutura irregular a nivel de todo o rodal.

Todas as intervencións buscarán a apertura de ocos no dosel de copas por corta de madeira grosa aproveitable. Aplicación preferente de saca por cablaxe desde pista.

Modelo silvícola

XFAS (xestión de frondosas por rareo sucesivo)

Especie:

Masas (principalmente xénero Quercus spp.) consolidadas de frondosas autóctonas e outras formacións de frondosas.

Obxectivo:

Persistencia, produción múltiple e conservación da biodiversidade nas masas consolidadas de frondosas autóctonas mediante tratamento de rareo sucesivo.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Densidades

Formacións procedentes de rexeneración natural (> 3.000 plantas/ha). De forma extraordinaria, completada por sementeira ou plantación a unha densidade de 1.500 pés/ha. Método de beneficio de monte alto.

Mantemento

Rozas selectivas nos bosquetes en rexeneración, a xeito de axuda á rexeneración natural ata a etapa de monte bravo. Rozas perimetrais con zonas de matogueira para facilitar rexeneración e reducir o risco de incendio forestal.

En estados de bastío e alto fuste, evitarase a redución de diversidade do sotobosque por aplicación de roza, salvo rozas de especies heliófilas en áreas de ecotono con matogueiras.

Tratamentos silvícolas

Podas

En xeral non serán necesarias. Posible aplicación de poda de formación, poda baixa e poda alta ata 5 m dun número reducido de árbores por ha.

Desmestas

En masas que proveñen de rexeneración natural realizarase unha desmesta na idade de repoboado ou monte bravo co fin de conseguir unha densidade entre 1.000 e 1.500 pés/ha. Na desmesta eliminaranse os pés de coníferas ou de eucaliptos.

Rareas

De 3 a 6 rareas de intensidade baixa ou moderada; en número axeitado á especie principal. Respectaranse algúns pés mortos por hectárea que non supoñan risco fitosanitario para o resto da masa e eliminaranse os pés de coníferas ou de eucaliptos. Recoméndase chegar a unha densidade previa ás cortas de rexeneración de entre 300 e 500 pés/ha.

Cortas de rexeneración e conservación de hábitats

Conservación de hábitats

Asegurarase a conservación dos valores ecosistémicos e ambientais e da diversidade. Dentro de Rede Natura 2000, estarase ao indicado no seu plan director.

Idade de corta

Non é necesario fixar unha quenda por non buscarse un sistema de xestión rotacional, senón de cuberta forestal continua. Reservaranse árbores á corta, distribuídos tanto individualmente como en grupos.

Cortas de rexeneración

Cortas de rareo sucesivo con período de rexeneración mínimo de 20 anos, aplicadas por bosquetes ou por faixas, sen que chegue nunca a producirse o apeo completo de ningún rodal. Posibilidade de reserva de pés sen cortar, individualmente ou en grupos.

Modelo silvícola

RBA (reserva de bosques autóctonos ou silvicultura de preservación de bosques autóctonos).

Especie:

Bosques naturais de Teixo (Taxus baccata L.) e frondosas autóctonas recollidas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Hábitats con vexetación non arbórea que se decida preservar de actuacións de xestión. Tamén nas masas consolidadas de frondosas autóctonas.

Obxectivo:

Conservación de formacións autóctonas mediante non intervención e adecuada protección na forma de microrreservas.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais. Conservación das formacións mediante a súa adecuada protección, en particular, en bosques pouco intervidos e maduros.

Xestión

Estacións apropiadas

As ocupadas por formacións que, pola súa singularidade ou valor ecolóxico e evolutivo, deben preservarse de forma estrita, ou ben aqueles casos en que, por problemas de accesibilidade ou orográficos, non se poidan realizar intervencións a custos razoables.

Modelo de aplicación para todas aquelas masas forestais que presenten rodais ou masas destas especies autóctonas, independentemente da especie ou especies principais e do seu obxectivo de produción.

Densidades

As existentes nas formacións que se van conservar.

Seguimento

Seguimento recomendable da evolución dos devanditos bosques, en particular, da súa estrutura, composición, biodiversidade, acumulación de C, estado sanitario, combustibilidade, así como da superficie ocupada por cada hábitat de interese comunitario ou hábitats naturais prioritarios.

Restauración naturalidade

Posibles accións puntuais de restauración de microhábitats e retirada de especies exóticas e/ou invasoras.

Perturbacións

Serán admisibles as perturbacións naturais que poidan producirse, derivadas de caída de árbores, raios ou mortalidade natural do arboredo. Actuarase para evitar perturbacións importantes de orixe antrópica e que poñan en perigo a conservación dos hábitats presentes, en particular, pragas e enfermidades e incendios forestais.

Prevención de incendios

Avaliarase o risco de incendios e estableceranse as medidas preventivas oportunas, que poderán incluír rozas perimetrais ou intervencións de redución ou compactado da carga de combustibles finos.

Conservación de hábitats

Asegurarase a conservación dos valores ecosistémicos e ambientais e da diversidade. Dentro de Rede Natura 2000, estarase ao indicado no seu plan director.

Modelo silvícola

XBR (xestión de bosques de ribeira).

Especie:

Formacións de ribeira, formacións mixtas con presenza de ameneiro (Alnus glutinosa ≡ lusitanica), bidueiro (Betula pubescens), freixos (Fraxinus excelsior e F. angustifolia), carballo (Quercus robur), entre outros.

Obxectivo:

Persistencia, produción múltiple e conservación da biodiversidade en bosques de ribeira.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Zonificación

Na área de servidume, que corresponde a un largo de 5 m, non se realizarán plantacións (agás en intervencións de restauración hidrolóxica), intervirase de forma só puntual, sen circulación de maquinaria. A corta selectiva de árbores realizaríase para renovar o arboredo. En caso de se realizar apeo mecanizado, a colleitadora debe circular fóra desa banda.

No resto da superficie, probablemente na súa totalidade en zona de policía, evitaranse intervencións que poidan supor o ensombrecemento ou a perturbación do curso, poderán realizarse plantacións de especies de ribeira.

Densidades

As existentes no bosque de ribeira, reducindo as densidades mediante cortas de especies para eliminar en aplicación da normativa de distancias. Cortarase de forma selectiva arboredo de especies de ribeira co fin de rexuvenecer as formacións ou eliminar pés mortos ou con síntomas de decaemento, no caso de ameneiros, cando sexan abundantes e poidan caer sobre o curso e supor obstáculos.

Mantemento

En zona de servidume as rozas, en caso de se realizaren, serán selectivas con motorrozadora e afectarán as especies heliófilas ou cuxo excesivo desenvolvemento (silvas) poida comprometer a viabilidade do arboredo ou a biodiversidade das especies de subpiso do bosque de ribeira.

Asegurarase a chegada de luz difusa tanto ao chan como ao curso de auga.

Tratamentos silvícolas

Podas de formación

Realizaranse as podas de formación e podas necesarias para a produción de madeira de calidade, en particular nas zonas afastadas máis de 5 m do bordo da canle.

Cortas de transformación

En aplicación da normativa de distancias, intervirase en faixas de 15 m a ambos os dous lados do curso, cortando os exemplares de eucalipto e piñeiro, con posible aproveitamento comercial. Preservarase a estabilidade das marxes e fomentarase o desenvolvemento natural da ripisilva.

As intervencións asegurarán a persistencia das formacións de ribeira, preservarán a calidade das augas e compatibilizarán coa xestión de parcelas que bordean os cursos de auga.

Cortas de rexeneración e conservación de hábitats

Conservación de hábitats

Asegurarase a conservación dos valores ecosistémicos e ambientais e da diversidade. Dentro de Rede Natura 2000, estarase ao indicado no se plan director.

Idade de corta

Non é necesario fixar unha quenda por non buscarse un sistema de xestión rotacional, senón de cuberta forestal continua.

Cortas de rexeneración

Sempre selectivas, cómpre evitar as cortas a feito en bosque de ribeira e, en todo caso, a destrución da ripisilva. Área basimétrica extraída < 50 %. Reservaranse algúns pés con cavidades, vellos ou mortos, en pé ou caídos.

Modelo silvícola

RR (Infraestruturas verdes. Xestión de rodais recreativos)

Especie:

Todas as especies forestais. A miúdo se tratará de viveiros ou áreas recreativas.

Obxectivo:

Xestión que compatibilice o uso público coa protección adecuada e a xestión do sistema forestal.

Distritos preferentes de aplicación:

Todos os distritos forestais.

Rexeneración

Zonificación

Aplicable a rodais onde a actividade recreativa sexa especialmente relevante ou ás propias áreas recreativas establecidas en terreo forestal.

Especialmente aplicable aos montes periurbanos, considerados como aqueles próximos a zonas urbanas e habilitados para uso sociorrecreativo en canto á accesibilidade, infraestruturas, accións e dotacións que aumenten a súa capacidade de acollida para reducir a presión poboacional sobre o resto de ecosistemas forestais.

Densidades

O marco de plantación dependerá das especies presentes pero sempre buscando un distanciamento das árbores en estado de alto fuste, mínimo de 7 m. Esta distancia poderá ser definitoria do marco de plantación ou utilizar un marco inferior e regular as densidades da masa para acadalo antes do estado de alto fuste.

En todo caso, a distancia mínima entre as proxeccións das copas das árbores e os elementos que poidan ser destinados a cociñas, se as houber, será como mínimo de 3 m, en particular, no caso de áreas recreativas.

Mantemento

Rozas frecuentes de matogueira e sega de especies herbáceas no caso de áreas recreativas. Cumprimento dos condicionantes de xestión de biomasa derivados da lexislación en materia de incendios forestais. Aconsellable unha distancia mínima de 50 m arredor das áreas recreativas e no interior delas.

Tratamentos silvícolas

Podas

Para o estrato arbóreo, a distancia entre pés en estado de alto fuste será, como mínimo, de 7 m. As podas garantirán a descontinuidade vertical, de xeito que o 35 % da altura da árbore estea libre de ramas, o que suporá subir a altura de poda conforme as árbores medren en altura.

Desmestas

En áreas recreativas, nos montes bravos e bastíos as desmestas e as rareas permitirán a apertura da masa para acadar os 7 m de separación, e aplicarase secuencialmente ata acadar o estado de alto fuste.

Nos rodais recreativos procurarase manter niveis baixos de densidade, mediante aplicación de desmestas.

Rareas

As rareas poderán ser seleccionadas en función das especies forestais presentes co obxecto de modular a espesura para promover un cambio de especie ou para adaptar a masa á densidade definitiva.

Cortas de rexeneración

Idade de corta

A idade de corta final será definida pola cuestión de seguridade e de lonxevidade natural das especies presentes.

Cortas de rexeneración

Sempre selectivas, cómpre evitar as cortas a feito.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o órgano forestal para ditar cantas instrucións sexan necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Disposición derradeira segunda

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural