Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 1 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Gato, nos concellos de Oza-Cesuras e Aranga (expediente IN408A 2017/04).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 39 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante/promotor: Greenalia Wind Power, S.L.U. (NIF B70501473).

Domicilio social: praza de María Pita, 10, 1º andar, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Gato.

Concellos afectados: concellos de Oza-Cesuras e Aranga (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 25,2 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6 × 4,2 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta anual estimada/horas anuais equivalentes: 79.455 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 22.982.783,85 €.

Prazo de execución: 8 meses.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Gato (Oza-Cesuras e Aranga)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

571.190

4.784.786

2

572.548

4.784.786

3

574.077

4.781.667

4

573.082

4.780.839

Aeroxerador

Parque eólico Gato (Oza-Cesuras)

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE 1

571.801

4.784.588

Oza-Cesuras

AE 2

572.033

4.784.274

Oza-Cesuras

AE 3

572.287

4.783.814

Oza-Cesuras

AE 4

572.332

4.783.428

Oza-Cesuras

AE 5

572.510

4.783.158

Oza-Cesuras

AE 6

572.698

4.782.897

Oza-Cesuras

Subestación

Parque eólico Gato (Oza-Cesuras e Aranga)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

571.918

4.784.549

Características técnicas das instalacións:

• 6 aeroxeradores de 4,2 MW de potencia unitaria, con velocidade e paso variable, altura ata a buxa de 112 m e un diámetro de rotor de 136 m.

• 6 centros de transformación montados en góndola, de potencia unitaria de 4.700 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora proxectada, composta por 2 circuítos colectores con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV 240 mm2.

• Rede de terras xeral de xeito que as instalacións electromecánicas e a subestación do parque eólico forman un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores será con condutor de Cu-50 mm2, a do centro de control e a da SET con Cu-95 mm2.

• Subestación, SET Gato, de tecnoloxía convencional de 30 kV - 132 kV - 220 kV con 2 transformadores de potencia instalados en intemperie, trifásicos e en baño de aceite, un de potencia de 80/100 MVA ONAN/ONAF e relación de transformación 30/132 kV e outro de potencia 200/220 MVA ONAN/ONAF e relación de transformación 132/220 kV. A subestación distribúese da seguinte forma:

– Centro de seccionamento en celas de interior con 2 posicións de entrada das liñas colectoras do parque, 1 de saída e 1 posición de medida.

– Parque de 30 kV situado en celas de interior en configuración de simple barra coa seguinte estrutura: 3 posicións de liña de entrada, unha do mencionado centro de seccionamento do PE Gato, outra do parque eólico Felga (IN408A 2017/19) e a terceira do parque eólico Penas Boas (IN408A 2018/35) (estes 2 últimos parques son obxecto doutros proxectos en fase de tramitación) e 1 posición de saída, 1 de medida e 2 posicións de transformadores auxiliares.

– Parque de 132 kV en intemperie en configuración de simple barra, con 3 posicións de liña, unha do antedito parque de 30 kV anteriormente mencionado, outra da LAT 132 kV Friol-Gato (liña pendente de tramitación) coa enerxía procedente dos parques eólicos de Pena da Cabra (IN408A 2020/33), Monte do Cordal (IN408A 2018/33), Friol (LU-11/147-EOL) e Pena Ombra (IN408A 2017/40) e unha posición de transformador de potencia.

– Parque de 220 kV de intemperie en configuración de simple barra, cunha posición de liña e unha posición de transformador de potencia.

– No edificio tamén se situará o centro de control xunto coas comunicacións, proteccións e 2 transformadores de servizos auxiliares de tipo seco de 50 kVA e relación de transformación 30/0,42 kV.

O parque eólico Gato conta con acceso e conexión na subestación eléctrica do Mesón do Vento 220 kV propiedade de Red Eléctrica de España (REE). Da subestación obxecto deste proxecto sairá unha liña de 220 kV a SET Mesón do Vento (esta liña de evacuación é obxecto doutro proxecto).

Obxecto da información pública:

• A autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

• Documentación que se expón:

1. Proxecto de execución (febreiro 2020-visado o 28.10.2020).

a) A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA), que figura no anexo a este acordo (febreiro 2020-asinada o 21.2.2020).

b) Planos xerais do proxecto (setembro 2019).

c) Planos individuais dos predios afectados (RBDA) (outubro 2020).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (febreiro 2020-asinado o 23.10.2020).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (febreiro 2020-visado o 28.10.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia), para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23), así como nos concellos de Oza-Cesuras e Aranga (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico-gato

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Gato (IN408A 2017/04)
nos concellos de Aranga e Oza-Cesuras (A Coruña)

Relación de bens e dereitos afectados

Ocup. temp.

Serv. forestal

Predio

Titular(es)

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Nº aero.

Afeccións (m2)

Pleno dominio

Serv. paso

Serv. voo

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

Sub.

T. met.

Vía

Gabia

Concello de Aranga

1

MVMC do Gato, de Pena Branca
Rpte.: Aranza González Rodríguez

9

217

Cal da Nogueira

Matogueira

AE2-AE4

1.854

4.982

12.928

3.547

5.722

1.026

2

Falcón Rendal, Raimundo

9

245

Pena do Rego

Matogueira

AE5

549

4

MVMC do Gato, de Pena Branca
Rpte.: Aranza González Rodríguez

9

247

Monte do Gato

Matogueira

AE6

3.593

237

Concello de Oza-Cesuras

5

Organismo Autónomo Parques Nacionais

24

29

Monte utilidade pública Cruz de Campo

Matogueira

AE1

363

8.125

3.469

1.958

60

9.280

171

6

Vázquez Romero, Juan
Vázquez Romero, José

509

1

Monte do Castelo

Matogueira

AE2

363

5.758

201

5.691

7

Organismo Autónomo Parques Nacionais

28

324

Monte utilidade pública Monte Castelo

Matogueira

AE3-AE4- AE5-AE6

1.452

21.540

16.956

3.445

33.152

8

Organismo Autónomo Parques Nacionais

28

275

Monte utilidade pública predio forestal

Matogueira

73

9

Couceiro Naveira, Dolores

509

2410

Rega de Pedreiros

Matogueira

199

10

Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural

509

2411

Pena Cibreira

Matogueira

201

11

Hdros. M. Ángela Rodríguez Couceiro

509

2433

Porto Moeiro

Matogueira

713

Afeccións (m2):

Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados:

• Zapata (Cim.), plataforma (Plat.), torre meteorolóxica (T. met.).

Servidume de paso:

• Vía: servidume de paso das vías polas que circularán os transportes durante a construción do parque, así como durante a súa etapa de mantemento.

• Gabia (sistema colector): servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.