Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12487

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 2116/2020).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2116/2020 desta sección, seguido por instancia de María Vázquez Fernández contra Ader Recursos Humanos, Empresa de Trabajo Temporal, e Bosch Service Solutions, S.A.U., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Javier de Cominges Cáceres, en nome e representación de María Vázquez Fernández, contra a Sentenza do 13 de decembro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en autos 541/2018 seguidos por instancia da recorrente contra as empresas Ader Recursos Humanos, Empresa de Trabajo Temporal, S.A. e Bosch Service Solutions, S.A.U., sobre despedimento, polo que debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a Ader Recursos Humanos, Empresa de Traballo Temporal, co fin de que sirva de notificación en legal forma, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza