Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 8 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150043720 e tres máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste edicto notifícanselles os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, e son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o dito prazo, de non o faceren, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este edicto publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non efectuaren a emenda no prazo de dez (10) días, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establecido nos requirimentos, contados desde o día seguinte ao da notificación por comparecencia, se considerará que desisten das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 8 de febreiro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

35463595X

150043720

25.11.2020

Requirimento de emenda da solicitude

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

32659637M

150081020

1.12.2020

Requirimento de emenda da solicitude

47377592F

150073920

2.11.2020

Requirimento de emenda da solicitude

33229897A

150080020

21.1.2021

Requirimento de emenda da solicitude