Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 8 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150073918 e tres máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración a través deste edicto notificaránselles estes requirimentos ditados nos procedementos competencia da Xefatura Territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido de tales requirimentos. Advírtese que, no caso de non facelo, se considerarán notificados para todos os efectos ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este edicto publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada unha vez notificados os requirimentos tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 8 de febreiro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

32750044E

150073918

16.11.2020

Requirimento de documentación

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

33201528Q

150023119

12.11.2020

Requirimento de documentación

76330388N

150080819

15.10.2020

Requirimento de documentación

76493656A

150050616

5.11.2020

Requirimento de documentación