Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Allariz (expediente IN407A 2021/5-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG, o día 15.12.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Dirección: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTS e CS lugar de Tosende-TAV.

Situación: Tosende, concello de Allariz (Ourense).

Orzamento: 38.992,23 €.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con entrada e saída no CS proxectado, de 166 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no empalme na derivada a CTI 32A443 Tosende, da LMT SCV810 (expediente nº 2012/29) e final na mesma derivada citada, logo de realizar E/S no CS proxectado.

– CS 3L 2 TC telecontraladas GSM/GPRS/FO C/Trafo, tensión 20 kV de manobra exterior, para dar servizo a Adif-AVE.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 9 de febreiro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense