En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U.
Denominación do proxecto: parque eólico Campo das Rosas.
Concellos afectados: A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra).
Potencia que se vai instalar: 27,6 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 8×3.450 MW de potencia nominal unitaria.
Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 91.582 MWh/ano.
Orzamento total (execución material): 23.224.383,2 euros.
Localización: (coordenadas UTM).
Coordenadas da poligonal de delimitación:
Vértice |
UTM-X |
UTM-Y |
1 |
542.000,00 |
4.709.809,00 |
2 |
542.000,00 |
4.711.500,00 |
3 |
544.350,00 |
4.716.600,00 |
4 |
546.870,00 |
4.716.600,00 |
5 |
546.870,00 |
4.715.485,98 |
6 |
547.270,00 |
4.715.231,66 |
7 |
547.270,00 |
4.714.940,06 |
8 |
547.041,64 |
4.714.821,97 |
9 |
546.870,00 |
4.714.821,97 |
10 |
546.870,00 |
4.713.600,00 |
11 |
544.150,00 |
4.709.809,00 |
Esta poligonal ocupa unha superficie rectangular duns 8 km de lonxitude por un largo de 3 km, aproximadamente.
Coordenadas dos aeroxadores, do centro de seccionamento, estacións anemométricas e da subestación:
Aeroxerador |
UTM-X |
UTM-Y |
CR-01 |
544.649,00 |
4.716.195,00 |
CR-02 |
545.559,00 |
4.715.613,00 |
CR-03 |
545.119,00 |
4.715.279,00 |
CR-04 |
545.863,00 |
4.715.021,00 |
CR-05 |
542.505,00 |
4.710.719,00 |
CR-06 |
543.410,00 |
4.711.146,00 |
CR-07 |
543.712,00 |
4.710.898,00 |
CR-08 |
543.641,00 |
4.710.326,00 |
Centro de seccionamento |
UTM-X |
UTM-Y |
A |
543.908,00 |
4.712.086,00 |
B |
543.896,00 |
4.712.045,00 |
C |
543.869,00 |
4.712.053,00 |
D |
543.881,00 |
4.712.094,00 |
Estacións anemométricas |
UTM-X |
UTM-Y |
TM1 |
545.144,00 |
4.714.453,00 |
TM2 |
543.450,00 |
4.710.050,00 |
Subestación Quireza |
UTM-X |
UTM-Y |
A |
543.602,00 |
4.713.633,00 |
B |
543.602,00 |
4.713.703,00 |
C |
543.633,00 |
4.713.703,00 |
D |
543.633,00 |
4.713.633,00 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– 8 aeroxeradores de 3.450 kW de potencia nominal unitaria, 138 m de diámetro de rotor e altura da buxa de 94 metros, correspondente co modelo Enercon-138 EP3, ou similar, xunto cos seus correspondentes centros de transformación con potencia unitaria de 4.000 kVA, grupo de conexión Dyn5 e tensión 0,65/30 kV, situados no seu interior.
– 2 estacións anemométricas, equipadas con torres autosoportadas de 94 m de altura, equipadas con 5 anemómetros a 94, 90, 70, 50 e 30 m e 3 cataventos a 90, 70 e 80 m.
– 2 liñas soterradas a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores ata o centro de seccionamento, denominadas Circuíto I (4 aeroxeradores; CR-01 a CR-04) e Circuíto II (CR-05 a CR-08).
– Centro de seccionamento do parque eólico Campo das Rosas con celas blindadas de interior en 30 kV. Cabe destacar que no dito centro de seccionamento se enlaza a liña de evacuación de Porto Vidros cunha potencia de 10,35 MW.
– Unha liña aerosoterrada de 30 kV, de 1,7 km, que parte do centro de seccionamento e finaliza nunha nova subestación elevadora 220/30 kV Quireza, que se divide en tres tramos:
• Liña soterrada entre centro de seccionamento e o apoio nº 1 de paso aerosoterrada de 79 m.
• Liña aérea entre os apoios nº 1 e nº 8 de paso aerosoterrada de 1.363 m.
• Liña soterrada entre o apoio nº 8 de paso aerosoterrada e subestación elevadora 220/30 kV de 418 m.
– Subestación elevadora 220/30 kV Quireza, verterá á rede a enerxía xerada polos parques eólicos Campo das Rosas e Porto Vidros. Será convencional de exterior en 220 kV e blindada de interior con illamento en hexafluoruro de xofre (SF6) en 30 kV. O sistema de 220 kV estará constituído por unha posición de liña-transformador, un transformador de potencia 220/30 kV. O sistema de 30 kV estará constituído por dúas posicións de liña, unha posición de transformador de potencia e unha posición de servizos auxiliares con medida.
A posición de liña-transformador de 220 kV estará equipada coa seguinte aparellaxe: un interruptor automático tripolar, un seccionador tripolar xiratorio con coitelas de posta a terra, tres transformadores de intensidade, tres transformadores de tensión indutivos, seis autoválvulas-pararraios e un armario de protección de liña e transformador.
A transformación levarase a cabo mediante un transformador trifásico de illamento en aceite de 70 MVA, 220/30 kV.
O sistema de 30 kV estará composto por: dúas celas de liña, unha cela de secundario de transformador e unha cela de servizos auxiliares con medida e os seus correspondentes dispositivos de proteccións e medida (no interior) e unha reactancia de posta á terra, en baño de aceite, de 500 A 30 seg, conectado no lado de baixa do transformador de potencia 220/30 kV-70 MVA, tres autoválvulas e un seccionador tripolar sen coitela de posta á terra (á intemperie)
– Liña aérea 220 kV de 77,6 m, que parte da posición a 220 kV da SET 220/30 kV Quireza e finaliza no apoio nº 1 da LAT 220 kV Tibo-Pico Touriñán. Esta liña, en unión á que se atopa en proceso de tramitación, dará lugar á LAT 220 kV SET-Quireza-Tibo.
O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública (RBDA e planos parcelarios).
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A relación de bens e dereitos afectados (RBDA) figura no anexo que se xunta con esta resolución.
O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución ou a partir da correspondente notificación individual aos afectados.
Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.
Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Vitoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias dos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.
Pontevedra, 19 de febreiro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra