Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, mediante concurso-oposición, dunha praza de arquitecto/a técnico/a (oferta de emprego público de 2018).

Mediante a Resolución da Alcaldía 1223/2020, do 26 de novembro de 2020, aprobáronse as bases da convocatoria para cubrir unha praza de arquitecto/a técnico/a deste concello mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 219, do 22 de decembro de 2020, aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 12, do 20 de xaneiro de 2021, publicouse unha corrección de erros das citadas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios relacionados con este proceso publicaranse na forma prevista nas bases da convocatoria.

Betanzos, 27 de xaneiro de 2021

María Barral Varela
Alcaldesa