Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente 2133/2018 de orde de execución forzosa para a xestión da biomasa vexetal dunha parcela.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a notificación no domicilio que consta no expediente (por ausente), faise pública a incoación de expediente de orde de execución forzosa coa execución subsidiaria polo Concello por conta dos interesados, da xestión da biomasa vexetal de parcela, para comparecencia dos interesados.

Nº expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral-Localización da parcela

2133/2018

Orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela

Hros. María Victoria Silva Hermida

36005B515015640000ZZ sita na Gándara-Saiar

Os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinaren o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, de ser o caso, presentaren alegacións ou calquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra este acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Caldas de Reis, 15 de febreiro de 2021

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente