Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12746

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez presentada a renuncia do presidente titular do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Aceptar a renuncia presentada por Jorge Atán Castro como presidente titular do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública