Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12745

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 21 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9 horas, nos seguintes lugares:

– Pavillóns número 1 e número 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, para os aspirantes con domicilio nas provincias da Coruña e Pontevedra, segundo conste na solicitude de participación no proceso.

– Pavillóns número 1 e número 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, para os aspirantes con domicilio nas provincias de Lugo e Ourense, ou doutras comunidades autónomas, segundo conste na solicitude de participación no proceso.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas COVID para procesos selectivos publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal