Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12744

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021, do tribunal cualificador do proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro), para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 21 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón número 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas COVID para procesos selectivos publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal