Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12743

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de terapia ocupacional, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar da realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 22 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de setembro de 2020 (DOG núm. 201, do 5 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de terapia ocupacional, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 14 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón nº 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e lapis do número 2 e goma.

Non se permitirá o acceso ao pavillón en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021

Felipe Calvo García
Presidente do tribunal