Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12742

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 febreiro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar da realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 22 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de setembro de 2020 (DOG núm. 201, do 5 de outubro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 14 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón nº 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e lapis do número 2 e goma.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021

Felipe Calvo García
Presidente do tribunal