Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12767

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (400/2020).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de Xustiza do xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 400/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Alonso Pérez contra Enercon Noroeste, S.L. e Pronored, S.L.U. sobre despedimento, foi ditada a Sentenza 75/2021 na data do 10.2.2021, dirixida a Enercon Noroeste, S.L. e Pronored S.L.U., contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Enercon Noroeste, S.L. e Pronored, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza