Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12765

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (1286/2020).

F02 familia, garda, custodia e alimentos fillo menor non matrimonial 514/2019

Sobre: alimentos provisionais

Interveniente, demandante: Ministerio Fiscal, Milena Yariel Rivera Castillero

Procuradora: Uxía Ríos Tesouro

Avogada: María del Pilar Tejada Vidal

Demandado: Eric Augusto Cano Barsallo

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 1286/2020.

Ourense, 15 de decembro de 2020.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos, sobre garda, custodia e alimentos de fillo non matrimonial, promovido por Milena Yariel Rivera Castrillero, representado pola procuradora Uxía Ríos Tesouro e asistido pola letrada María Pilar Tejada Vidal, contra Eric Augusto Cano Barsallo, en situación de rebeldía procesual, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decisión.

Que estimando a demanda formulada pola procuradora Uxía Ríos Tesouro, en nome e representación de Milena Yariel Rivera Castrillero fronte a Eric Augusto Cano Barsallo, acordo as seguintes medidas definitivas relativas aos menores Y.A.C.R. e S.A.C.R.:

1. Garda e custodia. Atribúeselle en exclusiva a garda e custodia dos fillos menores á súa nai Milena Yariel Rivera Castrillero, sendo a patria potestade conxunta por ambos os dous proxenitores. A nai poderá decidir de forma unilateral sobre as autorizacións ou trámites escolares, viaxes ou trámites administrativos sen necesidade do consentimento do outro proxenitor.

2. Réxime de visitas. Suspéndense as visitas do pai Eric Augusto Cano Barsallo.

3. Pensión de alimentos. O pai aboará en concepto de alimentos a favor dos fillos menores a suma de 100 € mensuais por cada fillo (200 € mensuais). O referido importe actualizarase anualmente de conformidade co IPC ao terminar cada anualidade e deberá ser ingresado dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto.

Así mesmo, ambos os dous proxenitores deberán satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios debidamente acreditados.

Non se efectúa expresa condena en custas.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza, facéndolles saber que non é firme e contra esta cabe recurso de apelación, que deberán interpor ante este xulgado dentro os vinte días seguintes á súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto en DA 15ª da LOPX.

Así o ordeno, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Eric Augusto Cano Barsallo, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 5 de febreiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza