Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12763

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (459/2019).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria fronte a Robert Stived Carretero Orozco, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 2 de febreiro de 2021.

Vistos por María Teresa Marcos Mariño, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos baixo o número 459/2019 entre partes, dunha, como demandante, a mercantil Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada polo procurador dos tribunais Diego Rúa Sobrino, substituído por Paula Cadaveira, e asistida da letrada Miriam Torrico Alonso, substituída por Vitoria Diéguez, e doutra, como demandado, Robert Stived Carretero Orozco (DNI 049707506- K), en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por contrato de préstamo subscrito.

Parte dispositiva.

Estimando integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Diego Rúa Sobrino, en nome e representación da mercantil Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., e doutra, como demandado, Robert Stived Carretero Orozco (DNI 049707506- K) en situación procesual de rebeldía, declaro que procede tal demanda, polo que condeno o demandado a pagar á demandante a suma de vinte e sete mil cincocentos sesenta e nove euros con oitenta e cinco céntimos (27.569,85 €), mais os xuros legais desde a data da interposición da demanda.

Impónselle o pagamento das custas procesuais á parte demandada, conforme o previsto no artigo 394 da LAC.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes interesadas, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Robert Stived Carretero Orozco, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 5 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza