Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12856

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2021 correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez vista a certificación do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Baiona na sesión do día 4 de febreiro de 2021, punto da orde do día número 3. Expediente 2142/2020: modificación do festivo local da Festa da Arribada, que tivo entrada no Rexistro do edificio administrativo de Pontevedra o 8 de febreiro do 2021, co número de rexistro de entrada 235983, na cal se comunica que, por mor da situación epidemiolóxica que estamos a atravesar e ante a inminente celebración da vindeira edición da Festa da Arribada, o Pleno da Corporación, na sesión celebrada o 4 de febreiro de 2021, acordou por unanimidade modificar a data do festivo local pola Festa da Arribada para o día 1 de outubro de 2021.

Que, ao abeiro do disposto no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre a regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, declarado vixente pola disposición derrogatoria única do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo, pola que se establece que serán inhábiles para o traballo retribuído e non recuperable ata dous días ao ano con carácter de festas locais que serán propostos polo Pleno do Concello á autoridade laboral,

ACORDA:

Modificar o calendario laboral para o ano 2021 da provincia de Pontevedra respecto das festas locais do Concello de Baiona, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 250, do día 14 de decembro de 2020, na páxina 48843, no anexo IV, onde di: «3. Baiona: 5 marzo, Festa da Arribada, 24 de setembro, festividade de San Cosme e San Damián», debe dicir: «3. Baiona: 1 de outubro, Festa da Arribada; 24 de setembro, festividade de San Cosme e San Damián».