Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12917

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (40/2018)

Cedula de notificación

No procedemento de referencia de divorcio contencioso número 40/2018 do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela ditouse Sentenza con data do 4 de decembro de 2019 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decido

Estimando totalmente a demanda interposta por Quan Wang, representado pola procuradora Sra. Cambeiro Vázquez e asistido polo letrado Sr. Fraguela Solloso, fronte a Yili Zhang, en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo o divorcio do matrimonio formado por demandante e demandada e declaro disolto o dito vínculo conxugal, con todos os seus efectos legais.

Todo iso sen facer especial imposición das custas procesuais.

Firme que sexa a presente resolución, comuníquese aos rexistros civís correspondentes para os efectos rexistrais oportunos.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra a mesma cabe recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

E, como consecuencia, do ignorado paradoiro de Yili Zhang, con NIE Y3669883V, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza