Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12918

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1546/2019).

No procedemento de referencia xuízo inmediato sobre delitos leves 1546/2019, do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela, ditouse a Sentenza do 17 de setembro de 2019 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolvo:

Debo condenar e condeno a Marcos Vázquez Veloso, como autor responsable dun delito leve de furto previsto e penado no artigo 234.2-3 do Código penal (CP), á pena de multa de vinte (20) días de duración cunha cota diaria de tres (3) euros e, subsidiariamente, en caso de falta de pagamento, a un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir mediante localización permanente ou traballos en beneficio da comunidade, de conformidade co previsto no artigo 53 do CP, e, ademais, ao aboamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que esta resolución non é firme e que contra ela se poderá interpoñer ante este mesmo xulgado, para a súa tramitación ante a Audiencia Provincial, recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Marcos Vázquez Veloso, con DNI 25484662D, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza