Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13385

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021 pola que se declara a área de rehabilitación integral do conxunto histórico de Castro de Rei.

Denominación: área de rehabilitación integral do conxunto histórico de Castro de Rei.

Ámbito: conxunto histórico de Castro de Rei.

Clase: área de rehabilitación integral de conxunto histórico.

Antecedentes de feito:

1. O 29 de decembro de 2020 o Concello de Castro de Rei solicitou a declaración de área de rehabilitación integral (en diante, ARI) para o ámbito do conxunto histórico. Á solicitude xúntase certificado do acordo da Xunta de Goberno Local, referido á sesión do pleno do 17 de xullo de 2020, polo que se adoptan entre outros, os seguintes acordos:

«Aprobar a solicitude ao Instituto Galego da Vivenda e Solo da declaración de área de rehabilitación integral (ARI) no conxunto histórico de Castro de Rei conforme a delimitación descrita na memoria-programa».

2. O ámbito abrangue o conxunto histórico, o solo urbano contiguo, o solo de núcleo rural da parte adxacente do núcleo rural de Portomuíño ao norte, o solo de núcleo rural de Samesugueiras ao sur, así como o solo urbano inmediato polo sueste ata o cruzamento coa estrada a Prevesos.

3. O Concello de Castro de Rei conta cun Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente pola Orde do 10 de xullo de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) do 24 de xullo de 2020.

4. O 5 de xaneiro de 2021 o Servizo de Planificación e Ordenación do Solo do Instituto Galego da Vivenda e Solo emitiu informe favorable, desde o punto de vista técnico e urbanístico á declaración de ARI solicitada.

Consideracións xurídicas e técnicas:

1. A Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, regula nos seus artigos 49 a 51 as ARI. Concretamente, no seu artigo 50.1.a) define as ARI de conxuntos históricos como aquelas cuxo ámbito comprenda un conxunto histórico que teña declaración de ben de interese cultural ou estea integrado como tal no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e que conte cun plan especial de protección. Neste suposto, o ámbito delimitado haberá de ter, como mínimo, cincuenta vivendas.

2. O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro (DOG núm. 38, do 25 de febreiro) polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan as directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, regula no seu capítulo II, sección 2ª, artigo 8 o procedemento de declaración das ARI. No expediente para a declaración desta ARI recóllense todos os aspectos sinalados no artigo 8.2 do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro.

3. O Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, prevé o Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural.

4. De conformidade cos artigos 49 da Lei 1/2019, do 22 de abril, e 8.1 do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, as ARI declararanse por unha resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, logo da solicitude dos concellos interesados.

Por todo o exposto, e de conformidade coas competencias atribuídas no artigo 49 da Lei 1/2019, do 22 de abril,

RESOLVO:

Declarar a ARI do conxunto histórico de Castro de Rei, ao abeiro do artigo 49 da Lei 1/2019, do 22 de abril e do artigo 9 do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, e delimitada polos planos que se acompañan a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file