Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 237/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no proceso seguido por instancia de Alejandra Cecilia Pereira Roebuck contra Bobocado Restauración, S.L., en materia de cantidade, rexistrado co número de 237/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Bobocado Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29 de abril de 2021, ás 10.30 horas, para o acto de conciliación, na planta segunda, oficina xudicial e, de ser o caso, ás 10.40 horas para o acto de xuízo, na planta baixa, sala 3, no edificio na rúa Berlín. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Bobocado Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza