Na casa do concello asinouse, o 17 de febreiro de 2021, o texto inicial do convenio urbanístico entre José Luis Martínez Sanjurjo, en calidade de alcalde presidente do Concello de Ordes, e María Fanny, María del Carmen e María del Pilar Bascoy Valiño, para a ordenación detallada do sector do solo urbanizable S-05 do Plan xeral de ordenación municipal de Ordes.
De acordo co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o texto dos convenios sométese ao trámite de información pública polo período dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.
O texto íntegro dos convenios pódese consultar na páxina web do Concello de Ordes, na seguinte ligazón https://concello.ordes.gal/p/pxom.
Ordes, 26 de febreiro de 2021
José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente