Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13511

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO das bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de dúas prazas do grupo II, da área administrativa, e tres prazas dos grupos IV e V, da área de oficios e servizos varios, quenda libre, en réxime laboral.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 29 de xaneiro de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir, mediante sistema de concurso-oposición libre, dúas prazas do grupo II, área administrativa, e tres prazas dos grupos IV e V, da área de oficios e servizos varios.

No Boletín Oficial da provincia núm. 34, do 11 de febreiro de 2021, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición libre, das prazas vacantes de persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica https://amerca.sedelectronica.gal/ e no taboleiro de anuncios do Concello da Merca.

A Merca, 11 de febreiro de 2021

José Manuel Garrido Sampedro
Alcalde