Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de auto e decreto de embargo (ETX 177/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais nº 177/2020, seguido por instancia de Iván Costa Torrado contra Pronored, S.L.U., sobre execución en diñeiro recoñecida en sentenza, ditáronse auto despachando execución e decreto de embargo, ambos con data 8.2.2021, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Pronored, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza