Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 122/2020, seguido a instancia de Alfredo Álvarez López contra Plantadeza, S.L sobre execución de sentenza número 252/2020, do 29 de xullo, ditáronse auto despachando execución e decreto de embargo con datas 30.9.2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.
E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Plantadeza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 8 de febreiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza