Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13643

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 26 de febreiro de 2021 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, convocadas mediante Resolución do 21 de xaneiro de 2021 (procedemento administrativo PR608A).

BDNS (Identif.): 547364.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto de ampliación do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de marzo de 2021, inclusive.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia