Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13634

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da Industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 14 de agosto de 2020 (código de procedemento IN854A).

A Resolución do 14 de agosto de 2020, da Axencia Galega de Innovación, estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria) orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código do procedemento IN854A).

A Resolución do 27 de novembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de agosto de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro) ampliou a dotación orzamentaria consignada inicialmente coa finalidade de atender un maior número de solicitudes. Esta modificación implicou a apertura dun novo período de presentación de solicitudes e a redistribución de anualidades, transferindo os créditos da anualidade 2020 á anualidade 2022.

O artigo 4 das bases reguladoras establece os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias para poder optar ás axudas.

Unha vez revisada a documentación inicial dos expedientes xunto coa documentación achegada tras os requirimentos oportunos, o órgano instrutor formulou proposta de resolución de inadmisión de dúas solicitudes que non cumprían coas exixencias contidas nas bases reguladoras, conforme o establecido no artigo 32.5 das bases reguladoras.

As solicitudes que resultaron admitidas foron obxecto do proceso de avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 34 das bases reguladoras.

A Comisión de Selección prevista no artigo 33 das bases reguladoras reuniuse o día 17 de febreiro de 2021 e elaborou unha relación por orde decrecente de puntuación das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiario, con indicación da súa avaliación, o custo subvencionable e a subvención que corresponde ao proxecto e a cada unha das entidades.

Unha vez realizada a instrución do procedemento e á vista do informe emitido pola Comisión de Selección, e por proposta do órgano instrutor, de acordo co disposto nos artigos 32 e 37 das bases reguladoras,

RESOLVO:

1. Conceder as axudas, respectando a intensidade máxima prevista no artigo 9 das bases reguladoras, a todas as entidades seleccionadas que figuran no anexo I desta proposta, por orde decrecente de puntuación.

2. Publicar a relación de solicitudes que foron inadmitidas por non cumprir os requisitos da convocatoria e que figuran no anexo II.

3. Desestimar as solicitudes que unha vez avaliadas non acadaron 60 puntos de valoración que exixe o artigo 35.2 da convocatoria. Estas solicitudes relacionanse no anexo III.

As axudas propostas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 06.A2.561A.770.0, 06.A2.561A.781.0 e 06.A2.561A.744.0, segundo a natureza da entidade beneficiaria, nas cales existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», Prioridade de investimento 1.2 «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», Obxectivo específico: 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora» e actuación CPSO 1.2.1.6 «Proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras no marco da atracción do investimento privado para a posta en valor da I+D+i en Galicia».

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Solicitudes concedidas

Expediente

Título do proxecto

Acrónimo do proxecto

Nota

NIF

Empresa

Solicitante

Líder

Orzamento

subvencionable

%

Subvención

2021

2022

2023

IN854A 2020/04

Fabricación 4.0 sustentable de nanocompostos e ionoxeles para baterías de alta densidades

ECO-SMART BATT

92,2

2.752.750,98 €

1.767.184,32 €

1.064.501,45 €

586.991,55 €

115.691,32 €

B85504884

Silicio

Ferrosolar, S.L.

S

900.028,07 €

65

585.018,24 €

381.497,12 €

184.826,35 €

18.694,77 €

B36575777

ABCR

Laboratorios, S.L.

N

310.756,00 €

65

201.991,40 €

122.008,44 €

65.807,61 €

14.175,35 €

B66099631

Enso

Innovation, S.L.

N

500.592,50 €

80

400.474,00 €

232.583,35 €

140.772,57 €

27.118,08 €

B70530795

Artabro Tech, S.L.

N

590.134,77 €

60

354.080,86 €

211.503,33 €

112.267,87 €

30.309,66 €

G70302427

Fundación Cetim

N

451.239,64 €

50

225.619,82 €

116.909,21 €

83.317,15 €

25.393,46 €

IN854A 2020/11

Desenvolvemento de tecnoloxías dixitais multifábrica 4.0 na industria alimentaria intelixente e sustentable

SEA2TABLE 4.0

85,2

2.375.274,61 €

1.153.842,06 €

668.110,30 €

420.336,90 €

65.394,86 €

B94123916

Pescanova

España, S.L.U.

S

1.633.457,30 €

40

653.382,92 €

385.898,75 €

246.821,57 €

20.662,60 €

B36636629

Asm Soft, S.L.

N

372.692,31 €

60

223.615,39 €

123.623,82 €

85.503,99 €

14.487,58 €

G36997229

Centro

Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

N

369.125,00 €

75

276.843,75 €

158.587,73 €

88.011,34 €

30.244,68 €

IN854A 2020/14

Desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a fabricación 4.0 de compoñentes eólicos

WINDIN4.0

83,5

2.330.863,23 €

1.007.122,35 €

539.362,94 €

362.420,83 €

105.338,58 €

B36939049

Gri Towers

Galicia, S.L.

S

1.583.092,63 €

40

633.237,05 €

369.958,79 €

186.406,10 €

76.872,16 €

B70457536

Agata

Technology, S.L.

N

747.770,60 €

50

373.885,30 €

169.404,15 €

176.014,73 €

28.466,42 €

IN854A 2020/01

Factory competitiveness and electromobility through innovation

FACENDO 4.0

82,2

22.348.769,93 €

9.172.567,68 €

5.001.176,34 €

3.221.575,91 €

949.815,43 €

A36602837

Peugeot Citroën Automóviles

España, S.A.

S

10.172.316,14 €

40

4.068.926,46 €

2.200.152,65 €

1.459.833,60 €

408.940,21 €

G36606291

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-CT Aimen

N

1.165.126,59 €

50

582.563,29 €

299.916,40 €

200.327,52 €

82.319,37 €

G36871424

Fundación CTAG

N

9.345.754,85 €

40

3.738.301,94 €

2.031.228,44 €

1.285.183,73 €

421.889,77 €

G36997229

Centro Tecnolóxico Telecomunicacións Galicia Gradiant

N

1.165.470,47 €

50

582.735,24 €

347.064,14 €

207.762,83 €

27.908,27 €

Q8650002B

Universidade de Vigo

N

500.101,88 €

40

200.040,75 €

122.814,71 €

68.468,23 €

8.757,81 €

IN854A 2020/09

Enfoque holístico para unha produción intelixente e sustentaible 4.0 de lousa natural

SMART4SLATE

80,7

3.518.339,74 €

1.753.454,32 €

1.048.120,11 €

585.528,42 €

119.805,79 €

B32347759

Cupa

Innovación, S.L.U.

S

675.238,98 €

40

270.095,59 €

155.443,79 €

93.255,96 €

21.395,84 €

A15348477

Técnicas de

Soft, S.A.

N

960.661,80 €

50

480.330,90 €

300.908,50 €

144.168,54 €

35.253,86 €

A32225427

Cupa

Pizarras, S.A.U.

N

435.137,14 €

40

174.054,86 €

102.587,79 €

58.738,18 €

12.728,89 €

B32230708

Cupa Ingeniería y Servicios, S.L.U.

N

822.171,20 €

40

328.868,48 €

196.129,23 €

110.444,23 €

22.295,02 €

G70302427

Fundación Cetim

N

625.130,62 €

80

500.104,49 €

293.050,80 €

178.921,51 €

28.132,18 €

IN854A 2020/08

Desenvolvemento de tecnoloxías 4.0 para a mellora da loxística en portos e no almacenamento e transformación de produtos de relevancia en Galicia

SMARTSTORE

80,3

2.836.219,15 €

1.268.907,04 €

782.209,66 €

389.566,72 €

97.130,66 €

A36184943

Galigrain, S.A.U.

S

940.767,79 €

40

376.307,12 €

243.057,26 €

104.289,01 €

28.960,85 €

A36283539

Protea Productos del Mar, S.A.

N

733.082,79 €

40

293.233,11 €

188.896,05 €

88.187,50 €

16.149,56 €

B36006468

Internacional

de Comercio y Servicios, S.L.

N

342.960,42 €

40

137.184,17 €

87.859,55 €

36.730,72 €

12.593,90 €

B36026250

P&J Carrasco, S.L.

N

294.622,57 €

50

147.311,29 €

93.913,60 €

40.264,97 €

13.132,72 €

G70302427

Fundación Cetim

N

524.785,58 €

60

314.871,35 €

168.483,20 €

120.094,52 €

26.293,63 €

IN854A 2020/07

Investigación novas tecnoloxías habilitadoras 4.0 en produción sustentaible taboleiro

ENXEÑO+

78,5

A15005499

Financiera

Maderera, S.A.

S

10.566.948,05 €

25

2.641.737,01 €

1.539.102,39 €

956.951,20 €

145.683,42 €

IN854A 2020/05

Implementación de procesos intelixentes de produción de complementos nutricionais

NutriGen 4.0

71,5

2.017.014,76 €

1.512.761,07 €

905.261,99 €

541.343,00 €

66.156,08 €

B36409290

Hifas da Terra, S.L.

S

1.013.444,83 €

75

760.083,62 €

428.664,48 €

298.236,24 €

33.182,90 €

G36625309

Anfaco-Cecopesca

N

1.003.569,93 €

75

752.677,45 €

476.597,51 €

243.106,76 €

32.973,18 €

IN854A 2020/03

Factoría Intelixente Versátil-Valladare

FIVE-V

64,5

B50846807

Benteler Automotive Vigo, S.L.

S

3.897.656,55 €

18,5348335

722.424,15 €

452.154,82 €

185.285,47 €

84.983,86 €

ANEXO II

Solicitudes inadmitidas

Expediente

Acrónimo do proxecto

Empresa solicitante

NIF

Causa de

inadmisión

IN854A 2020/12

ANIFREEI40

Cefrico, S.L.

B36278711

1

IN854A 2020/13

4ER0SITES

Componentes Aeronáuticos

Coasa, S.A.U.

A32257123

1

Causas de inadmisión

1

Non acadar o orzamento mínimo subvencionable previsto no artigo 6.2 da convocatoria

ANEXO III

Solicitudes desestimadas

Expediente

Acrónimo do proxecto

Empresa solicitante

NIF

Motivo

IN854A 2020/06

A4.0

Arnoia Distribución de Libros, S.A.

A36046019

Non acadar os 60 puntos que exixe o artigo 35.2 da convocatoria

IN854A 2020/02

CMYK

Industrias Losán, S.A.

A15038474

Non acadar os 60 puntos que exixe o artigo 35.2 da convocatoria

IN854A 2020/10

SPECTRA

Renovable Industrial de Componentes, S.L.

B70571047

Non acadar os 60 puntos que exixe o artigo 35.2 da convocatoria

IN854A 2020/15

SPECTRA

Ecoplas Barbanza, S.L.

B70014766

Non acadar os 60 puntos que exixe o artigo 35.2 da convocatoria