Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Hansel Medina Batista fronte a Carla Mouriño Fernández, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
«Sentenza n° 33/2021.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021.
Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo ordinario nº 67/2020, promovido polo procurador Sr. Míguez Gómez, en nome e representación de Hansel Medina Batista, asistido da letrada Sra. Sánchez Cerrillo, fronte a Carla Mouriño Fernández, declarada en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia do menor de idade Jaime Medina Mouriño,
(…)
Resolvo:
Que, estimando a demanda deducida polo procurador Sr. Míguez Gómez en nome e representación de Hansel Medina Batista, asistido da letrada Sra. Sánchez Cerrillo fronte a Carla Mouriño Fernández, declarada en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia do menor de idade Jaime Medina Mouriño, procede declarar a privación da patria potestade da demandada sobre o citado menor.
Non procede a expresa condena en custas a ningunha das partes, que aboarán cada unha as causadas á súa instancia e as comúns, por metade.
Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas en legal forma.
Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe preparar e ulteriormente interpoñer neste xulgado recurso de apelación, conforme os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Roberto Soto Sola, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial».
E ao estar a dita demandada, Carla Mouriño Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza