Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 518/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Consuelo Riveiro González contra Hottelia Externalización y Servicios de Outsourcing España, S.L., Hottelia Externalización, S.L., Ummana Gestión Madrid, S.L., Imiola Quality, S.L., Mutua Asepeyo, INSS e TXSS, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 518/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Hottelia Externalización y Servicios de Outsourcing España, S.L. e Hottelia Externalización, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 23 de abril de 2021, ás 12.15 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Hottelia Externalización y Servicios de Outsourcing España, S.L. e a Hottelia Externalización, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza