Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador SXRRAT, tramitado nesta xefatura territorial.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, emprázase a persoa interesada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, compareza por si ou a través de persoa que a represente nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, Servizo de Xuventude e Voluntariado, situada na rolda da Muralla, 70, baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese, de conformidade co sinalado na proposta de resolución, que dispón dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que se consideren pertinentes.

Lugo, 1 de febreiro de 2021

Mª Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: SXRRAT.

Persoa interesada (DNI): 76403904C.

Acto de notificación: proposta de Resolución do 4 de setembro de 2020.

Órgano competente: órgano instrutor.

Preceptos normativos xerais: artigos 89 ao 97 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia; Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.