Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica o acto administrativo de emenda de documentación da xustificación presentada ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento BS614A).

A Consellería de Política Social convocou a través da Orde do 3 de xuño de 2019 (DOG núm. 111, do 13 de xuño) subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, para os anos 2019 e 2020.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do fondos FSE a través do programa operativo de Galicia 2014-2020.

O artigo 21 da orde de convocatoria establece o prazo e documentación necesaria para a xustificación das axudas concedidas. A Resolución do 24 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, amplia o período subvencionable e o prazo máximo para presentar a documentación xustificativa por mor da declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por contar erro ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención.

O número 4 do artigo 21 establece que, no caso de que a xustificación fose incorrecta e/ou incompleta, se requirirá a entidade beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez días, advertíndolle de que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á esixencia dos xuros de demora.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 13 da Orde o 3 de xuño de 2019, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 14.6 da Orde do 3 de xuño de 2019, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento, con posterioridade á presentación da solicitude, deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto administrativo, polo que se require a entidade beneficiaria que figura no anexo para emendar a xustificación indebidamente cuberta e/ou por ausencia da documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que se recollen no dito anexo.

Segundo. Facer indicación expresa de que a dita entidade beneficiaria é requirida para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o facer, de conformidade co disposto no artigo 23 da dita Orde do 3 de xuño de 2019, no artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación da xustificación, poderá dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 881 99 74 93 ou 981 54 69 87.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Fernando González Abeijón
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Requirimento do 24 de febreiro de 2021 de emenda da documentación xustificativa Orde do 3 de xuño de 2019 (código de procedemento BS614A)

Número de expediente: BS614A 04-0019.

Entidade beneficiaria: ARDAI educación y terapia (G32456097).

Proxecto: ANIMOLA FORMATIVO 2019/20..

Órgano competente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Documentación requirida:

1. Solicitude de pagamento (anexo IV).

2. Certificación das horas efectivamente traballadas por proxecto e acción dedicadas ao proxecto por cada un/unha dos profesionais (modelo 2.1.5.3).

3. Follas mensuais das horas efectivamente traballadas polo persoal (modelo 2.1.5.4).

4. Partes de asistencia dos/das alumnos/as (modelo 2.1.5.5).

5. No caso de subcontratacións, deberá aportarse adicionalmente (modelo 2.1.5.6):

a) Orixinal do contrato entre o beneficiario e a entidade subcontratista.

b) Orixinal da factura emitida pola entidade subcontratada ao beneficiario.

c) Xustificantes do pagamento da factura da subcontratación.

d) Memoria do subcontratista das súas actividades no proxecto.

6. Declaración complementaria actualizada na data da xustificación (anexo V).

7. Declaración de estar ao día no cumprimento das obrigas (anexo VI).

8. Relación de persoas participantes en cada acción desenvolvida (modelo 2.1.5.7).

9. Ficha individualizada de cada unha das persoas participantes (modelo 2.1.5.1).

10. Folla individualizada de seguimento cun mínimo de tres intervencións presenciais (modelo 2.1.5.2).

11. Autorización consulta de datos (anexo VII).

Prazo de emenda requirida: dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación da notificación no Diario Oficial de Galicia. De non o facer, de conformidade co disposto no artigo 23 da dita Orde do 3 de xuño de 2019, no artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades que correspondan.