Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC A Pedra, no concello de Sanxenxo, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/060-4).

A instalación denominada LMTS, CTC A Pedra, no concello de Sanxenxo, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 3 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 16 de marzo de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Sanxenxo.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, e infórmaselle que poderá ir acompañada por un perito ou por un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o predio afectado sexa descoñecida ou se ignore o lugar de notificación, dirixirase ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 12 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS, CTC A Pedra (Sanxenxo).

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº de apoio

m2 de solo

m2 de subsolo

Concello

1

36051A01000230000FE

Pedra

Matogueira

Descoñecido

CT

16,81

16,44

Sanxenxo