Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13897

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e os lugares de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 1 de marzo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 20 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas:

– Nos pavillóns números 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, para os aspirantes con domicilio nas provincias da Coruña, Pontevedra e noutras comunidades autónomas, segundo conste na solicitude de participación no proceso.

– Pavillóns números 1 e 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, para os aspirantes con domicilio nas provincias de Lugo e Ourense, segundo conste na solicitude de participación no proceso.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas do proceso selectivo establecidas no Protocolo de actuacións para a realización de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia. Consultaranse na ligazón:

http://www.xunta.es/dxfp/Xenericos/18.02.2021.protocolo_actuacion_oposicions_COVID.pdf

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal