Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13896

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 1 de marzo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 20 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas no pavillón número 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas do proceso selectivo establecidas no Protocolo de actuacións para a realización de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia, que se consultarán na ligazón:

http://www.xunta.es/dxfp/Xenericos/18.02.2021.protocolo_actuacion_oposicions_COVID.pdf

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal