Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2021 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 12 de novembro de 2019 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/31/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 22 de xaneiro de 2021, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 12 de novembro de 2019, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/31/2014-RP1, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, confirmando en consecuencia a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Estrella Álvarez Silva e a Silvia Rubio Álvarez, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, as interesadas poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás citadas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística