Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación de erro no Acordo da Xunta de Goberno Local do 21 de xaneiro de 2021 de nomeamento de persoal funcionario.

Detectado erro no Acordo da Xunta de Goberno Local na súa sesión do 21 de xaneiro de 2021 de nomeamento de persoal funcionario, anuncio publicado no DOG nº 22, do 3 de febreiro de 2021, a mesma, en sesión do 11 de febreiro de 2021, acordou o seguinte:

Primeiro. Proceder, de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á corrección do erro material do punto primeiro da proposta de Acordo do 13 de xaneiro de 2021 e, consecuentemente, do Acordo da Xunta de Goberno Local do 21 de xaneiro de 2021 de proposta de nomeamento dun funcionario de carreira como policía local, de xeito que onde di:

«Nomear funcionario de carreira, con cargo ás prazas vacantes de Policía local incluídas na OEP 2010-2011, o funcionario en prácticas, D.M.L. Cabaleiro Regueiro, con DNI ***2935**, nomeado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria, do 13 de febreiro de 2020, ao ter superado satisfactoriamente o curso teórico-practico previsto nas bases da convocatoria», debe dicir:

«Nomear funcionario de carreira, con cargo ás prazas vacantes de Policía local incluídas na OEP 2010-2011, o funcionario en prácticas, D.M.L. Cabaleiro Guerreiro, con DNI ***9050**, nomeado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria, do 13 de febreiro de 2020, ao ter superado satisfactoriamente o curso teórico-practico previsto nas bases da convocatoria».

Vigo, 12 de febreiro de 2021

O alcalde
P.D. (decretos do 18.6.2019, 26.6.2019, 2.9.2019 e 17.8.2020 e acordos
da Xunta de Goberno Local do 20.6.2019, 4.7.2019, 5.9.2019 e 18.8.2020)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa,
Economía, Seguridade e Organización Municipal