Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da subscrición dun convenio urbanístico de execución de planeamento (artigo 166 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro).

Na Casa Consistorial asinouse, o 21 de xullo de 2009, o texto inicial do convenio urbanístico entre Manuel Regos Boquete, na súa calidade de alcalde presidente do Concello de Ordes, e Fausto Valentín Blanco García, para autorizar a ocupación dos terreos afectados pola construción da vía de enlace entre a N-550 e a AC-524 de Ordes (parcela nº 19).

De acordo co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o texto dos convenios sométese ao trámite de información pública polo período dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

O texto íntegro dos convenios pódese consultar na páxina web do Concello de Ordes na seguinte ligazón https://concello.ordes.gal/p/pxom.

Ordes, 26 de febreiro de 2021

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente