Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Navia de Suarna

ANUNCIO de información pública sobre a delimitación do núcleo rural de Muñís.

Unha vez aprobado inicialmente polo Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 25 de novembro de 2020, o expediente de delimitación do núcleo rural de Muñís, de conformidade co establecido no artigo 78.2.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no 191.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, este expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poderase examinar nas dependencias municipais de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Navia de Suarna https://concellonaviadesuarna.sedelectronica.gal

Navia de Suarna, 18 de febreiro de 2021

José Fernández Fernández
Alcalde