Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14293

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña

EDICTO (785/2019-AG).

Eu, Lourdes Villegas Castrillo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, fago saber que neste xulgado e co número 785/2019-AG se seguen autos de división de herdanza nos cales, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil (LAC), mediante resolución do día de hoxe se acordou notificar a Jaime Rodríguez Onil, ou Onill, e a Vicente Rodríguez Onil, ou Onill, ambos en paradoiro descoñecido, o decreto con data de hoxe no cal se aproban as operacións divisorias presentadas polo contador partidor Sr. Lage Fernández Cervera.

Para que conste e lles sirva de notificación aos demandados, Jaime Rodríguez Onil, ou Onill, e Vicente Rodríguez Onil, ou Onill, por medio deste edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que teñen á súa disposición neste xulgado copia da dita resolución e das operacións divisorias presentadas, así como que poderán examinar as actuacións, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza