Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14291

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2021 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de calidade ambiental e histoloxía, polo sistema de acceso libre.

De acordo coa base cuarta da Resolución do 4 de febreiro de 2020 (DOG do 20 de febreiro), mediante a cal se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de calidade ambiental e histoloxía, polo sistema de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Convocar nun único chamamento as persoas aspirantes o día 3 de maio de 2021, na aula 1 da Facultade de Bioloxía do Campus de Vigo, ás 16.00 horas, para a realización do primeiro exercicio. Deberán presentar o DNI e necesitarán bolígrafo negro ou azul, será obrigatorio o uso da máscara en todo momento.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de marzo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo